Descuberto un tesouro de finais do Imperio Romano nos Países Baixos

Post date: 05-jun-2017 21:06:49

Un conxunto de 41 moedas, dos últimos anos do Imperio Romano, foron descubertas na provincia de Gelderland, no este dos Países Baixos, según anunciaron o venres pasado a Universidade Libre de Amsterdam e o Museo Het Valkhof de Nimega. O tesouro romano inclúe moedas coa efixie do emperador Maioriano, quen reinou entre o 457 e o 461 d.C.Os investigadores cren que o tesouro puido ser o pago realizado polos romanos a un caudillo do pobo franco a cambio de axuda fronte os ataques das tribus xermánicas. No século XIX había un montículo artificial no lugar do achado, probablemente levantado polo propietario das moedas co fin de recuperar e regresar cos cartos pero, por motivos descoñecidos, nunca o fixo. As moedas cubren un amplo período de tempo, dende finais do século IV ata finais do século V e, nelas, aparecen representados os seguintes emperadores: Valentiniano II, Honorio, Constantino III, Xovino e Maioriano.

Fonte e imaxe I National Geographic