Un investigador asegura que Baecula é o campo de batalla máis antigo de Europa

Post date: Nov 15, 2014 6:37:26 PM

O investigador Juan Pedro Bellón asegura que Baecula, provincia de Jaén, “é o campo de batalla máis antigo que se coñece no entorno do Mediterráneo e no ámbito europeo”. Durante a última campaña de excavacións incrementouse a superficie do campo muestreada, co que obtiveron máis información e de maior calidade, tamén atoparon armas, moedas, utensilios e impedimenta do exército.

“Este é un proxecto espectacular porque dache a posibilidade de detectar no territorio un instante, e de determinar que ocurriu nun momento e nun lugar concreto no que se encontraron romanos, iberos e púnicos”, explicou Manuel Molinos.

Nesta última campaña realizáronse sondeos na cima do Cerro de las Albahacas, onde se sitúan os campamentos de Asdrúbal Barca (o campamento cartaxinés que foi atacado polos romanos) e o campamento de Escipión (que estableceron os romanos tras a batalla na mesma zona). Os restos localizados cós sondaxes indican a existencia de estructuras asociadas ao campamento onde se realizaban labores de reciclaxe de materiais recollidos do campo de batalla, e onde posiblemente se preparaban os materiais para o abastecemento do exército.“Todo aquilo indica que tras a batalla o exército romano saqueou os almacéis da cidade de Baecula para aprovisionarse de todo tipo de produtos e que posteriormente destruía os recipientes que se usaban para almacenalos, como ánforas, kalathos e urnas globulares”, señalou.

Manuel Molinos señalando onde podería atoparse o segundo campamento romano na batalla de Baecula. Imaxe  neste enlace, e Fonte de información: EFE  |  Ideal Digital

baecula-campamento-romano