Sabemos con seguridade que no século IX o latín xa non era a lingua falada maioritariamente polo pobo ao longo do restos do Imperio, onde xurdían con forza unha novas linguas, fillas daquel latín.
Temos unha proba moi clara deste feito no ano 813, no Concilio de Tours, onde se autorizou aos curas a dar os sermóns nas rusticae romanae linguae, é dicir, nas linguas faladas entón habitualmente pola poboación, o catalán, castelán ou o galego entre outras.
Permitíuse que o latín deixase de ser utilizado nesta parte da liturxia (os sermóns onde o cura se dirixía á xente) debido a que a poboación xa non o entendía.
A herdanza máis importante de Roma é a lingua latina, porque de ela proceden todas esas linguas chamadas romances (Roma) ou neolatinas (neo- novo). Todas estas son o resultado da fragmentación do latín en dialectos.
Hai unha liña entre dialecto e lingua. Co paso do tempo eses dialectos vanse diferenciando cada vez máis e convertense en linguas diferentes.
Cada unha destas linguas e distinta porque cada lingua é o resultado de:
Da influencia de linguas anteriores á romanización (substrato)
Presión dos pobos invasores (superestrato)
Contacto con linguas veciñas (adstrato)
Termos tomados doutras linguas (préstamos)
Observemos esta táboa como exemplo, referida ao idioma galego:
As linguas romances son o portugués, galego, castelá, catalá, occitano (tamén chamado provenzal), francés, sardo, italiano, rumano e retorromano (tamén chamado ladino).
O castelán é a lingua romance máis estendida no mundo (300 millóns s XXI). Co descubrimento dun "Novo mundo" a lingua dos conquistadores chegou ao continente americano e impúxose ás línguas indíxenas. Fálase en: México, América Central e do sur (excepto Brasil e Guaiana), USA (Arizona, Novo México, Colorado, Nova Iorque).
As súas variantes dialectais son:
Extremeño
Andaluz
Murciano
Canario
Español de América
Xudeoespañol (sefardíes)
O códice Emilianense do mosteiro de San Millán de la Cogolla (Burgos) é o primeiro testemuño que se ten do castelán. Son anotacións á marxe para explicar palabras ou partes do texto en latín que non se entendían ben.
Hai 2 o Astur-leónes e o Navarro-aragonés:
Astur-leónes: Fálase en Asturias, León, Zamora e Salamanca. Hoxe en día vívese unha polémica no intento de darlle caracter oficial, como podemos ler neste artigo do diario El País. Características:
O seu dialecto chamase Bable aínda que se prefire a forma asturianu.
As terminacións masculinas acaban en -u. Ex: perru, añu, otru.
As terminacións plurais acaben en -es. Ex: vaques, cases.
A n- inicial das palabras pasa a ser ñ-. Ex: ñariz, ñabau
Navarro-aragónes: Fálase en puntos illados dos pirineos. Características:
O seu dialecto chamase Fabla, neste dialecto non existen as palabras esdrúxulas entón non acentúan a palabra pajaro, nin arbol. Neste dialecton os diminutivos rematan en -ico.
Estas linguas son distintas pero teñen a mesma orixe.
Portugués: Fálase en Portugal, nas antigas colonias, Azores, Madeira e Brasil.
Galego: Fálase en Galicia, Bierzo e zonas limítrofes. Na constitución do 1978 aparece recollido que ademais do castelán, as comunidades autónomas de España poden ter outra lingua, como é o caso galego en Galicia. Ademáis de haber o galego normativo existen outras correntes.
Fálase en Catalunya, Valencia, Baleares, Andorra e sur de Francia (Rosellón e Cerdaña), zona fronteiriza de Aragón e Alguer (Cerdeña).
En Francia a lingua oficial era o latín e o francés a lingua oficial en Inglaterra ata o século XV.
Actualmente o francés fálase en diferentes países arredor do mundo. En Europa é falado en Francia, no sur de Bélxica e nunha parte de Suíza.
En América, atopámolo en Canadá (concretamente en Quebec), en Haití, nas Pequenas Antillas e na Guaiana.
En África hai un gran dominio lingüístico do francés, xa que se fala en varios países como por exemplo: Marrocos, Alxeria, Túnez, Mozambique, Illas Reunión e Mauricio, etc. Nalgúns destes estados é a lingua utilizada no comercio, no turismo e nos medios de comunicación. Ademais, o ensino superior impártese en francés.
Por último, tamén é falado na polinesia francesa, en Oceanía.
O retorromano, ou tamén chamado romanche ou ladino, é unha lingua romance menos estendida. Engloba o conxunto de dialectos falados nos Alpes centrais e orientais, coincidindo con Tirol, Italia e Suíza. Deste último país é a cuarta lingua oficial.
Ten a súa orixe en Retia, unha antiga provincia do Imperio Romano.
La proxima radunanza generala da la Pro Svizra Rumantscha ha lieu ils 22 da mars 2019 a las 18:30 a Cuira en l'hotel Stern. L'invit uffizial a las commembras ed ils commembers suonda sco adina per posta. Reservai la data!
(A próxima Xunta xeral anual terá lugar o 22 de marzo de 2019 ás 18:30 en Coira no Hotel Stern. A invitación aos membros segue como de costume por correo. Marque a data!)
Un dos dialectos do occitano, ou tamén chamado Lingua de Oc, chámase Provenzal, o cal debe este nome a unha antiga provincia de Roma: a Provenza.
Tamén se pode chamar Lingua de Oc (derivado da palabra latína "hoc"), e que significa dentro do occitano "sí".
Unha variante do occitano e o Aranés, falado no val de Arán, na provincia de Lleida.
O italiano é unha lingua romance que pertence ao grupo itálico dentro da familia indoeuropea. É a que ten un maior dominio lingüístico, pois é a lingua oficial en Italia, a República de San Marino, Cidade do Vaticano e Suiza (no cantón do Tesino). Ademais ten o estatus de lingua cooficial en Croacia e Eslovenia. É usado tamén como segunda lingua por millóns de inmigrantes italianos en Malta, Somalia, Francia, Albania, Montenegro, Mónaco…
De el derivan gran cantidade de dialectos. Moitas rexións italianas xa tiñan diferentes substratos lingüísticos antes da chegada dos romanos. No norte había un substrato celta, un do idioma ligur (grupo de dialectos falados en Cerdeña, Córcega e norte de Italia) e un do véneto (falada na rexión de Véneto). No centro do país existía un substrato etrusco, e no sur, un substrato grego. Isto sumado á fragmentación da península pola colonización provocou unha diversificación lingüística.
Algúns dos dialectos son: o toscano, o lombardo, o veneciano, o siciliano, o umbro, o napolitano…
Sen embargo, Italia avanza cara á uniformidade lingüísitica en todo o seu territorio. Un dos motivos principais son os medios de comunicación. Aínda así, parte da poboación continua a empregar estas falas, sobre todo no ámbito familiar (en 2006 estas persoas representaban o 55%).
O italiano actual formouse dende o toscano literario. Nisto influíron os grandes aportes realizados por Dante e Bocaccio, autores da Divina Comedia e do Decamerón.
Renato Carosone (dialecto napolitano)
Tu vuò fa l' americano! mmericano! mmericano siente a me, chi t' ho fa fa? tu vuoi vivere alla moda
ma se bevi whisky and soda po' te sente 'e disturbà.
Tu abballe 'o roccorol tu giochi al basebal ' ma 'e solde pe' Camel chi te li dà? ... La borsetta di mammà!
Tu vuò fa l' americano mmericano! mmericano! ma si nato in Italy! siente a mme non ce sta' niente a ffa o kay, napolitan! Tu vuò fa l' american! Tu vuò fa l' american!
Comme te po' capì chi te vò bene si tu le parle 'mmiezzo americano? Quando se fa l 'ammore sotto 'a luna come te vene 'capa e di: "I love you!?"
Tu vuò fa l' americano mmericano! mmericano siente a me, chi t'ho fa fa? tu vuoi vivere alla moda...
You're acting all american, american, american,
listen here: who's asking you to? You want to be all trendy, but if you drink "whisky and soda" you always end up sick!
You're dancing rock and roll, and playing baseball, but where'd you get the money for the Camel cigarettes? Mummy's handbag!
You're acting all american, american, american, but you're born in Italy, listen here: there's nothing you can do, ok napoletano?! You're acting all american, american, american,
How can your loved one understand if you're speaking half american? When you're out loving uder the moon, where do you get a phrase like "I love you"?
You're acting all american, american, american, listen here: who's asking you to? You want to be all trendy ...
É unha lingua romance falada na illa de Cerdeña (antiga Sardinia). É considerada como o máis conservador dos idiomas derivados do latín. Non chegou a ter lingua literaria, por iso a intentaron crear os intelectuais sardos no século XV.
Co término sardo referímonos as diversas variedades dialectais de Cerdeña, coa exclusión das illas de Alguer, Carloforte e Calasetta. As cinco variantes principais son: Nuorese, Gallurese, Sassarese, Logudorese e Campidanese.
Durante a época romana a illa foi usada como lugar de encarceramento, posteriormente pasou a formar parte de Bizancio, tras o que quedou en mans dos musulmáns e finalmente foi conquistada pola coroa de Aragón, razón pola cal na localidade de Alguer se fala catalán (ver frecha no mapa).
É a lingua oficial en Rumanía (antiga provinvia romana da Dacia) e Moldavia, aínda que neste último se chama moldavo. Ademais é un dos seis idiomas oficiais na provincia serbia de Voivodina.
Recibiu influencia das linguas eslavas. Non obstante, aínda conserva os 5 casos do latín (se contamos o locativo, seis), a distinción entre vogais longas e breves e os plurais masculinos en -i (lupi: "lobos"). Tamén garda semellanza co italiano.