Post date: 07-dic-2017 16:09:21
A capital de Morvedre foi elixida para presentar na Comunidade Valenciana unha reprodución de viños e salgaduras da época Altoimperial romana.A presentación destes produtos realizouse no marco das Xornadas de Arqueogastronomía, un acto onde participou a asociación Saguntum Civitas, que realizou unha recreación sobre cómo se bebía viño en Roma, nas que se incluía unha conferencia de Manuel León Béjar, director técnico de Dinamo cultural.
Tivo lugar na Via del Pòrtic, onde se deu a coñecer a reprodución de catro produtos gastronómicos de alto consumo na época imperial romana, elaborados cos mesmos ingredientes de antaño e cun similar proceso de produción: Viños, un paté, unha salsa e un queixo.
Léon Béjar explicóu que o seu proceso de elaboración responde a un intenso traballo de investigación científica. Déronse a coñecer cinco viños: «Mulsum», realizado con mel; «Sanguis», de pétalos de rosa, «Antinoo» pétalos de violeta e «Mesalina», de canela. A estes tintos engadiuselle o «Paladio», un branco.
Outro produto foi a «Flor de Garum», unha especie de salsa de peixe azul que os romanos utilizaban para condimentar. Xunto a ésta presentóu o paté «Allec».
Fonte e imaxe | Levante