Post date: Nov 27, 2016 12:17:35 AM
Roma recupera un dos seus lugares máis simbólicos, pechado dende 2009: o Circo Máximo, a estrutura para espectáculos máis grande da antiguedade. Este era moi coñecido polas carreiras de carros. Conta a lenda que ahí tivo lugar o rapto das máis belas sabinas, nunha proba deportiva, por parte dos fundadores de Roma. Este gran circo é duns 600 metros de largo e 14 de ancho. Realizaronse neste distintas probas: hípica, caza de animais exóticos, representacións teatrais... Polo seu val pasou un curso de auga, Aqua Mariana, convertíuse nunha zona de cultivos e muiños, propiedade da familia Frangipane, nun ceminterio xudeo.
Dende o século XIX acolleu un gasómetro, almacéns, manufacturas, empresas artesanais e vivendas.
A súa zona arqueolóxica foi transformada nun museo ao aire libre, con unha terraza panorámica que permite contemplar o recinto, partido en dous por unha spina ou muro central, que estaba decorado con estatuas, templeques, estanques e dous grandes obeliscos exipcios, que máis adiante foron trasladados.
Os visitantes poden acceder as galerías que daban as gradas da cávea e poden ver o que queda das últimas letrinas, tabernas romanas e lupanares.
Fonte e imaxe I National Geographic