Fomento remata a primeira fase de rehabilitación de Casa de l'Heura de Badalona

Post date: Feb 26, 2018 5:15:25 PM

O Concello de Badalona continuará coas obras de rehabilitación da Casa de l'Heura. Encargarase de rematar a súa museización grazas a unha achega municipal de 200.000 euros. Á inauguración das obras asistiron Antonio Aguilar, director xeral de Arquitectura e Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento, e Enric Millo, delegado do Goberno de Cataluña. 

A Casa de l'Heura é un exemplo de arquitectura doméstica romana que formaba parte da cidade de Baetulo, fundada no século I. Está situada na planta baixa dun edificio no barrio de Dalt de la Villa. Foi descuberta en 1999 debido a unhas obras que se fixeron nese solar e que tamén permitiron atopar o cardo maximus, unha das principais rúas de Baetulo.

Para a restauración realizáronse traballos de escavacións e de construción dunha pasarela co chan de vidro para que o público poida observar os restos da antiga cidade. Ditos restos son xestionados polo Museo de Barcelona e forman parte da ruta da cidade de Baetulo levada a cabo polo municipio de Badalona.

Millo explicou que nesta edificación poderán facerse distintas actividades culturais destinadas aos cidadáns. Dixo ademais que é unha mostra do compromiso do Goberno de España con Badalona e cos seus habitantes.

Fonte e imaxe | El Mundo