A época actual, era tecnolóxica, permite unha ‘’nova visión’’ da morte. A pesar deste feito inevitable e que afecta a todos, a nosa pegada dixital pode facernos inmortais. Os nosos datos quedan na rede coma a nosa identidade.
Isto pode verse, por exemplo, en Facebook, que nos seus 10 anos operativo xa dispón de aproximadamente 30 millóns de usuarios mortos.
Estes datos poden preocupar a máis dun pero para iso existen unha serie de servizos en internet que nos permiten borrar esta pegada en internet, ou mesmo facela máis visible.
Este servizo permite crear unha esquela e publicala na prensa (só española, con periódicos como ABC, El Mundo, El País, entre outros).
O único que debes facer é diseñar a esquela ao teu gusto, pagar (por ingreso bancario, tarxeta de crédito ou incluso paypal) e xa está listo.
Tamén permite publicala por medio de fax ou realizar o pedido mediante un número de contacto.
É o líder do sector funerario tanto en España como en Portugal (onde é chamado Servilusa). Nesta páxina podes organizar todo o teu funeral, ofrecendo servicios como entrega de notas de condolencia e flores, espazos de apoio onde se realizan charlas e outras actividades para sobrelevar a morte, creación de xoias coa pegada dixital, esquelas, entre outros.
Poden ser contactados tanto por un número de teléfono como escribindo ao seu correo, localizado na súa páxina web que encontramos aquí.
É o líder do sector funerario tanto en España como en Portugal (onde é chamado Servilusa). Nesta páxina podes organizar todo o teu funeral, ofrecendo servicios como entrega de notas de condolencia e flores, espazos de apoio onde se realizan charlas e outras actividades para sobrelevar a morte, creación de xoias coa pegada dixital, esquelas, entre outros.
Facebook tamén entra dentro destes servizos funerarios.
Esta red social permite a opción de convertir a conta do defunto nunha conta conmemorativa.
Esto sirve principalmente para mantela segura, evitando que ninguén inicie sesión nela. A única persona que pode administrar esta conta conmemorativa é un contacto de legado, seleccionado polo propietario da conta, que poderá modificar as fotos de perfil e portada e responder a novas solicitudes de amizade.
Se o propietario da conta non seleccionou un contacto de legado, ninguén poderá encargarse activamente dela despois da solicitude do cambio de conta.
É necesario que aquela persoa a cal se lle deixan os nosos datos, tanto de Facebook como de calquera red social ou incluso contas bancarias asociadas a páxinas como Amazon o Aliexpress, sea un persoa de confianza, que teña respeto por ese datos, ou simplemente a unha empresa que poida encargarse deses datos, que, ao final, son parte de nós.
Tamén podemos encontrar certas curiosidades e polémicas, que relacionan o noso mundo real co mundo virtual. Por exemplo, existen códigos QR colocados nas tumbas que, se son escaneados, levan directamente a información online do defunto.
Código QR que pode ser encontrado nalgunhas tumbas | wikimedia
Outro tema son as selfies, autorretratos realizados no momento do funeral, moitas veces sen mostrar o ataúde, non tan insultantes como as mensaxes cheas de odio publicados nas redes dunha persoa xa falecida.
Hoxe en día existen unha serie de páxinas web que che axudan a que os teus seres queridos te recorden, incluso despois de morrer. Webs como eterni.me ofrecen a posibilidade de crear un avatar personalizado cos teus gustos e aficións, para que os teus seres queridos poidan “conectarse” contigo. Aínda que pareza unha idea disparatada, esta web xa foi empregada por máis de 40.000 persoas.
Outra web empregada nestes casos é Mi Legado Digital, a cal pode poñer nas redes sociais unha despedida ou un vídeo memorial sobre ti, por 79 euros.
En canto á privacidade nas redes sociais do defunto, desafortunadamente non existe ningunha lei que autorice ou xestione a toma de control do legado dixital, polo que os dereitos dos usuarios poderían verse afectados.