Grazas aos recentes avances na investigación do ADN, os científicos son capaces de recrear árbores xenealóxicas xuntando os ADN de diferentes corpos encontrados e conseguindo así descubrir as migracións de diferentes épocas históricas.
Sábese grazas aos escritos romanos, que dito Imperio estivo moitos anos en loita contra os países xermánicos. Recentemente descubriuse que un posible gladiador ou escravo romano, que proviña de Escandinavia, habitou en York, Gran Bretaña, o que confirma a presenza de persoas con ascendencia escandinava neste lugar antes da chegada anglosaxona.
Fonte|La brújula verde
Publicado por: Celtia Bouzán Peleteiro (20/02/25)
Fai vinte anos, atopouse en Alicante unha man de bronce, que sostiña o pomo dunha espada decorada con dúas cabezas de aguias mirándose en direccións opostas. Manuel Olcina Doménech, director do MARQ, plantexa unha hipotese: a vinculación co xeneral Xermánico.
Xermánico, anos máis tarde do desastre de Teutoburgo, restaurou unha parte do honor imperial, ao recuperar dous dos tres estandartes en campañas punitivas. Este logro plasmábase coa inscrición de IGNIS RECEPIT DEVICTIS GERMANICIS.
A man de Lucentum destaca pola ausencia de referencias similares na inconografía romana, na literatura e nas manifestacións plásticas.
Leva un anel imperial, reforzando a hipótese. Debido á altura da estatua, ter sido unha obra en honor do xeneral trala súa morte en Siria.
Fonte | CULTURACLASICA
Publicado por Blanca Cillero (10/03/2025)
As escavacións na Vila Romana das Gabias revelaron un grande edificio cunha ábsida semicircular, confirmando a monumentalidade da vila. A intervención actual permitiu coñecer mellor o trazado das edificacións arredor do criptopórtico, situado nun patio duns 50 metros de lado, destacando a dimensión e a importancia desta vila, a cal é considerada unha das máis grandes da provincia de Granada.
O proxecto, financiado con 200.000 euros, está dirixido por arqueólogos das universidades de Málaga e Granada e conta co apoio do Concello de Las Gabias e da Xunta de Andalucía. Os resultados obtidos reforzan a idea de que a vila non era unha construción illada, senón que formaba parte dun conxunto con xardíns e miradoiros, o que a sitúa á altura doutras vilas romanas importantes da Península.
A escavación desenvolverase ao longo de seis anos e retoma as investigacións iniciadas no ano 1920, cando se atopou un corredor medio soterrado na zona. A súa recuperación non só contribuirá ao coñecemento da ocupación romana no sur de España, senón que dinamizará a oferta cultural e a economía local das Gabias.
Fonte | Cultura Clásica
Publicado por: Adrián Gañete Novoa (10/03/2025)
A vila romana de Santa Rosa foi descuberta en 2003 por unha constructora privada mentres se construía un edificio en Córdoba. A mansión, datada no século II, é a mellor conservada da cidade e destaca polos seus mosaicos de gran valor artístico.
A pesar das escavacións e restauracións financiadas pola Xunta e o Concello, a crise económica de 2008 freou os proxectos. Despois dunha demanda pola débeda dunha empresa, a vila será subastada para saldar o impago, cun prezo inicial de 243.000 euros.
Descubriuse en Münster un candado romano en miniatura, datado do século III ou IV d.C., con tamaño inferior ao dunha moeda de euro. Atopado en 2023 por un explorador en Westfalia, o obxecto é único en Europa.
Fabricado en ouro e ferro, o candado ten unha complexa manufactura, e a súa análise revelou que foi manipulado no pasado. Os expertos suxiren que puido chegar a Westfalia como trofeo de guerra ou recordo dun soldado romano. Este achado ofrece pistas sobre as relacións comerciais e culturais entre Roma e as elites locais.
O servizo de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, autorizou unha nova fase de escavación no Castro de Pereiras, que comezará o próximo luns e estará centrada na Domus Romana descuberta a finais de 2024.
Esta sexta intervención, financiada integramente pola comunidade de Montes de Pereiras tras a súa aprobación en asemblea, será dirixida polo recoñecido arqueólogo Mario Pereiro e o seu equipo da empresa Tempos e Castelos no Aire.
Durante dúas semanas, a cidadanía poderá achegarse ao lugar para coñecer os avances nun proxecto que reforza o papel do Castro como punto clave na investigación e preservación do patrimonio arqueolóxico romano en Galicia.
O Ministerio de Cultura e Turismo de Turquía anunciou un importante descubrimento arqueolóxico na antiga cidade greco-romana de Perge, situada na provincia de Antalya. Durante as escavacions de 2025 na antiga ciudade de Perge, descubríronse cinco esculturas romanas de gran valor artístico e histórico.
Entre elas destaca una estatua de Afrodita de dous metros de altura, acompañada por Eros sobre un delfín, datada no século II d.C. Tamén se descubriron dúas estatuas femininas con rasgos estilísticos da dinastía dos Severos e duas figuras máis, unha masculina e outra feminina, encontradas na <<Rúa do Leste>>.
Crese que estas esculturas formaban parte de un conxunto decorativo dun edificio público ou avenida. Perge, famosa na antigüidade pola súa producción escultórica, segue revelando o seu legado artístico. As pezas serán restauradas e exhibidas no Museo de Antalya, mentres as escavacions continúan en busca de novos descubrimentos.
Arqueólogos descubriron unha estatua romana no xacemento de Lucentum (Alicante) que resolve un enigma histórico: a presenza dunha aguia bicéfala (con dúas cabezas) nun relevo anterior. A escultura, datada no século I a.C., representa unha aguila asociada ao culto a Xúpiter, deus máximo do panteón romano. Esta figura simbolizaba o poder imperial e a protección divina.
O achado confirma que Lucentum, fundada como cidade romana no século III a.C., foi un núcleo importante de intercambio cultural e relixioso. A aguia bicéfala, un símbolo pouco común no mundo romano, suxire influencias orientais ou unha reinterpretación local de iconografías imperiales. Ademais, a estatua apareceu nunha zona vinculada a ritos relixiosos, reforzando a importancia espiritual do enclave.
Este descubrimento non só ilumina a historia de Alicante, senón que tamén destaca a riqueza arqueolóxica da Comunidade Valenciana, onde xacementos como Lucentum seguen revelando segredos da Antigüidade.
Un estudo recente liderado por Haggai Olshanetsky, da Universidade de Varsovia, revisa a historia da Rebelión de bar Kojba (132-136). Segundo Olshanetsky, Simón bar Kojba non foi o líder inicial do levantamento, senón que asumiu o control durante o conflito mediante manobras políticas e militares, contradicindo fontes romanas e xudeocristiás. A investigación destaca tamén a complexidade do conflito, incluíndo divisións internas na sociedade xudía e a oposición dalgúns asentamentos ao liderado de bar Kojba, o que contribuiu ao fracaso da revolta.
Segundo Olshanetsky, agora temos unha narrativa coherente sobre a Segunda Revolta Xudía, que resolve contradicións e destaca as divisións internas que levaron á derrota dos rebeldes e impediron a creación dun estado independente. O investigador suxire que numerosos líderes iniciais, incluíndo antigos soldados xudeus do exército romano, lograron importantes vitorias iniciais grazas ás armas romanas. Porén, entre 132 e 133 d.C., Simón bar Kojba e o sacerdote Elazar eliminaron outros líderes, causando a retirada de territorios como Galilea. Este cambio explica o éxito inicial dos rebeldes e o seu fracaso final.
No 2018, arqueólogos de AOC Archaeology descubriron en Sandy, Bedfordshire, Inglaterra, unha figuriña de bronce da época romana, atopada nunha zona que foi cemiterio e asentamento. A figura, de 58 mm de alto e 53,50 gramos, destaca pola súa vestimenta, un manto con pregas verticais. Aínda que está incompleta (sen cabeza e con extremidades danadas), podería ter formado parte dun santuario doméstico dedicado ao culto de deidades familiares.
A figuriña de Sandy, cunha prenda sen costuras que podería ter caperucha, asóciase co “Birrus”, unha capa romana valiosa mencionada no Edicto de Prezos Máximos de Diocleciano. Esta indumentaria suxire que a figuriña representa a unha persoa de estatus elevado ou unha figura relixiosa. Paralelismos con outras figuras romanas atopadas en diferentes rexións apuntan a que estas prendas eran símbolo de rituais relixiosos, asociadas a ritos votivos ou espíritos protectores.
Fonte e imaxe | labrujulaverde
Publicado por Lea Rodríguez Ríos (27/11/2024)
O xacemento coñecido como «Salón do rei Arturo» en Bodmin Moor, Cornualles (Reino Unido), xerou un gran interese na comunidade científica ao revelar que un monumento vinculado a lenda do rei Arturo é 4.000 anos máis antigo do que se pensaba, o que significa que esta extraña estrutura de pedra podería ser mesmo máis antiga que Stonehenge e anteceder en miles de anos ao mito do monarca medieval. A Unidade Arqueolóxica de Cornualles tomou mostras do monumento como polen, insectos e ovos de parásitos. Todo foi datado por radiocarbono e contrastado con outras técnicas de como a luminiscencia óptica estimulada, desvelando que o Salón do rei Arturo ten entre 5.500 e 5.000 anos de antigüidade.
Ademáis, puidose determinar que as pedras foron extraídas de áreas cercanas, a uns 250 metros de onde está ubicado. Phil McMahon, inspector de monumentos antiguos en Historic England, sostén que «a noticia de que o Salón do rey Arturo é de orixe neolítico engade unha profundidade temporal significativa a este sitio enigmático». O que converte ao xacimiento nunha estrutura única na súa época pois non se encontraron en ningún outro lugar do Reino Unido ou de Europa similar con bancos de pedra en pé de este período.
Unha análise de ADN de restos óseos dos Picenos, liderado por investigadores italianos, revela a súa diferenciación xenética respecto a outras poboacións italianas, influída pola xeografía e a cultura. O estudo, publicado en Genome Biology, destaca migracións, conexións culturais e semellanzas xenéticas con culturas contemporáneas, subliñando a relevancia da necrópole de Novilara.
O estudo revela que os Picenos, situados na costa adriática, presentaban unha diversidade xenética e fenotípica única, influída polos seus contactos comerciais e culturais con outras civilizacións mediterráneas. Caracterizados por rasgos físicos como ollos claros e cabelo rubio, reflexan unha mestura xenética con grupos do norte de Europa e do Próximo Oriente. Esta diversidade suxire un nivel de cosmopolitismo que podería ter evolucionado co tempo, amosando que a diversidade cultural de Italia comezou na Idade do Ferro, moito antes do Imperio Romano.
Descubren a vila máis antiga de Fregellas situada a uns 100km de Roma. A cidade que foi totalmente destruída polos romanos no ano 125 a.C.
Tras o descubrimento a traves desas escavacións reconstruíron o asalto militar nesa ciudad no ano 125 a.C. con claras evidencias desa destrución como mosaicos no chan, santuarios etc. O obxetivo principal dese proxecto é entender como estos asedios afectaban a o entorno urbán e o paisaxe.
Estos descubrimentos proporcionan información sobre a vida rural e a economía que había nesa época, tamen con evidencia de produción de frutas, cereais etc, que seguro eran produtos que abastecían tanto a o comercio local como a o mediterraneo.
A destrución de esta instalación marcou o fin dos medios de subsistencia dos seus habitantes, e a zona permaneceu deshabitada por 170 anos. As investigación nun campamento militar romano confirmaron estratexias e tácticas de asedio utilizadas na época. Os descubrimentos enriqueceron a comprensión das consecuencias da campaña romana contra Fregellas e o seu impacto no paisaxe cultural. Esperase seguir investigando en isto para profundizar en estos efectos que se estenden ata a segunda guerra mundial.
Atopan un solo enlousado e estruturas que poderían estenderse por todo o illote ampliando o coñecemento do pasado romano en Canarias.
Tras a novena escavación arqueolóxica, os investigadores encontraron un solo enlousado na zona do norte do illote.«Lobos sigue sendo clave para entender o noso pasado», sinalou Rayco León, conselleiro do Patrimonio Cultural, mentras que Miguel Ángel Clavijo, director do Patrimonio Cultural, resaltou a relevancia do xacemento para a historia do arquipélago e o seu potencial para futuras investigacions. Dende 2012, o proxecto levou a cabo oito campañas, confirmando a presenza dun obradoiro romano de púrpura, colorante valioso extraído da cañaílla, usado en tecidos de alta demanda na época.
A Soprintendenza del Mare documentou un importante achado arqueolóxico submarino preto da costa siciliana, na reserva de Vendicari: unhas 40 ánforas dun antigo barco mercante, enterradas na area a 70 metros de profundidade.
Estas ánforas, vinculadas ao comercio de alume usado na industria téxtil, poderían estar relacionadas con Lipari, un centro clave na súa extracción. O estudo busca confirmar esta conexión e ampliar o coñecemento das rutas comerciais antigas do Mediterráneo.
Fabián Jiménez lidera unha iniciativa única en España: ensinar esperanto no IES Almenara de Vélez-Málaga, o único centro do país que ofrece este idioma como materia oficial dende 2019. O esperanto, creado en 1887 por Ludwik Zamenhof para promover a comunicación global. Con só dúas horas semanais, os alumnos poden alcanzar un nivel B1 ou B2, mentres exploran a cultura esperantista e valores como o pacifismo e o diálogo.
A pesar do pasado político complicado que limitou a súa expansión, Fabián busca converter o Almenara nun centro de referencia e inspirar a outros profesores a integrar esta lingua na educación, promovendo unha rede de ensino que manteña vivo este proxecto lingüístico e cultural.
No Sexi Firmum Iulium deste ano representouse unha comedia de Aristófanes. O festival foi fresco, descarado, desinhibido e, según o autor, moi interesante.
Alexeia Teatro tróuxonos desde Benalmádena esta traxicomedia sobre As Tesmoforias onde nos atopamos con fragmentos de Hécuba, Andrómaca e Fedra.
Alezeia modifica o texto pouco feminista de Aristófanes conseguindo levalo a un campo máis cercano e actual, axúdandonos a comprender os estereotipos actuais cun grande talento. Así, este grupo consegue ensinarnos cousas consideradas habituais nun pasado e que hoxe en día poden ser consideradas motivo de denuncia.O público premiou esta talentosa representación cunha grande ovación.
Fonte |Cultura Clásica
Publicado por: Adrián Gañete Novoa (09/09/2024)
Verán tras verán, da man do Instituto Monte Bernorio de Estudos da Antigüidade do Cantábrico (Imbeac) que lidera o doctor Francisco Torres, encóntranse xacementos romanos na Horta Varona.
Este ano centráronse na piscina. Esta trátase dunha estrutura dos inicios do Alto Imperio (en torno ao século I despois de Cristo). Existe unha incógnita cos destinatarios desta edificación: o doctor afirma que estaría dirixida a importantes cargos cun elevado nivel de vida. A aparición dun sistema de paseos de canto demostra esta teoría. Estes estanques reciben o nome de Viridaria ( xardíns ornamentais para o disfrute dos sentidos).
A piscina conta con toda a súa su estructura, cunha cimentación de formigón impermeable e un sistema de calefacción. Recuperouse á súa vez un complexo sistema de evacuación de augas residuais que aínda se continúa empregando. Grazas á escavación pódese admirar que estaba recuberta de mosaicos de cores e con motivos mariños e acuáticos.
Todo isto demostra a importante planificación urbanística da Horta Varona.
Fonte |La Bitácora de Jenri
Publicado por: Adrián Gañete Novoa (02/10/2024)
Ao sur de Italia, en Calabria, un grupo de investigación analizou un muro da época romana. Despois de exhaustivos estudios os investigadores concluíron que se utilizou para contener a Espartaco e aos seus seguidores.
O equipo foi liderado polo arqueólogo da Universidade de Kentucky Paolo Visola, que non só enfocou o seu traballo na área arqueolóxica, senón que incorporou análises de diferentes fontes escritas da época.
Encontráronse varios obxectos da época romana, incluiíndo bastantes armas deterioradas na parte do muro que está derrumbada.
Fonte | RedHistoriaPublicado por Izan Horrea Matos (02/10/2024)Actualmente debaixo da auga, o mosaico sería o porche decorado dunha casa con vistas ao mar.
Construído na cidade balneario de Balae, a vila forma parte dun dominio que quedou somerxido por un fenómeno chamado bradiseísmo.
As investigacions demostran que o mosaico esta formado por pezas irregulares de mármore que acabaron rotas debido ao derrubamento das paredes de 10 metros que o rodeaban.
Unha parte dun capitel romano pertencente a un templo funerario do S.II - III d.C. foi encontrado na Provincia do Pedregal de Jumilla. O mencionado achado coincide con outro fragmento gardado no Museo Arqueolóxico Jerónimo Molina.
A arqueóloga encargada do recoñecemento da peza, afirma que o achado confirma de novo a teoría da existencia dun templo funerario de grandes dimensións.
O capitel romano foi encontrado mentras se aplanaba un terreo para colocar as atraccións das festas.
Fonte e imaxe | Jumilla.org
Publicado por: Celtia Bouzán Peleteiro
Durante as obras para unha planta agrivoltaica en Cancello ed Arnone (Caserta), descubriuse unha vila romana de 2.000 anos. A escavación, coordinada pola Soprintendenza Archeologia, revelou dúas fases de ocupación: unha da época republicana e outra imperial, con técnicas construtivas como o opus reticulatum e o ladrillo. Entre os achados destacan pavimentos de cocciopesto, grandes recipientes de terracota (dolia), ánforas e unha lucerna decorada con escenas eróticas.
A vila está situada no ager Falernus, célebre pola produción do viño Falerno, moi apreciado na Roma antiga. Este descubrimento achega información sobre a economía rural e os intercambios comerciais facilitados pola súa proximidade á Vía Apia. A colaboración entre institucións e o sector privado destacou como clave para preservar este valioso patrimonio.
Descubren que o icónico asedio romano A Masada, situado en Israel, donde se cría que houbera unha resistencia xudía durante tres anos, realmente fora construída en tan só duas semanas. e a aclamada resistencia que se cría que durara varios anos, tan só durou unhas poucas semanas.
A través de drons e intelixencia artificial, descubriuse que unha vez completada a rampa de asalto e tras un ataque brutal, os romanos finalirazon rapidamente o asedio do pobo xudeu.
O xacemento, escavado por primeira vez fai 60 anos, ademais de ser un dos lugares máis visitados de Israel é un símbolo de resistencia ao invasor e de sacrificio co que se identificaba a raza xudía.
Fonte e imaxe | Cronista España
Publicado por: Celtia Bouzán Peleteiro
En Corbridge, preto do Muro de Adriano, atopouse un mango de coitelo con forma de gladiador romano, especificamente un secutor, coñecido pola súa forza e equipo pesado. Este achado é único e destaca pola popularidade dos gladiadores, mesmo nas zonas máis remotas do Imperio Romano.
A figura, curiosamente representada como zurda, podería reflectir a estratexia dun loitador que usaba a man esquerda para sorprender aos seus opoñentes. Os gladiadores, maila ser escravos e marxinalizados, eran celebridades moi admiradas, como demostra este obxecto que podería ter sido un souvenir. O achado únese a outros descubrimentos que evidencian o impacto cultural dos gladiadores na Roma antiga, incluíndo obxectos como copas e frascos de vidro con imaxes de combates e cacerías, ademais da existencia de anfiteatros que organizaban estes espectáculos.
Fonte | labrujulaverde
Publicado por Izan Horrea Matos (29/11/2024)
Atopan varias pezas de cerámica e restos constructivos nas illas Cíes, o pasado mes de outubro. Este achado inclúe ánforas romanas e material indíxena e castrexo, o que leva aos arqueólogos a pensar que este material pertence á época situada entre os séculos I a.C. e I d.C., época da que se deron moi poucos descubrimentos.
A principal importancia deste achado está na axuda que supón para situar a chegada dos castrexos a estas illas, e se nesta houbo tamén poboación romana ou se as ánforas atopadas chegaron polo contacto do pobo castrexo coa cultura romana.
A Xunta de Galicia asegura que financiará a continuidade deste proxecto, co apoio de fondos europeos, co obxetivo de reconstruír a historia das Illas Atlánticas.
Fonte e imaxe | La voz de Galicia
Publicado por: Celtia Bouzán Peleteiro
Durante as recentes obras de renovación dun parque infantil preto da muralla do antigo campamento romano de Haltern am See, un equipo de arqueólogos da LWL realizou un importante achado histórico. Descubriron un conxunto de vidros de época romana, dous antigos fornos de pan, cravos de zapatos militares e oito sepulturas con restos dos alicerces da muralla de madeira e terra que rodeaba o asentamento.
A doutora Bettina Tremmel, arqueóloga principal do proxecto, comentou que os traballos comezaron no verán e que non esperaban este descubrimento, aínda que consideraban que era probable atopar restos, xa que esta zona formaba parte das fortificacións orixinais do campamento romano. Por iso, decidiu realizar escavacións e análises de urxencia.
Os arqueólogos atoparon o muro de madeira e terra, clave para a defensa do campamento. Tamén atoparon fornos que usaban os lexionarios para facer pan hai máis de 2.000 anos. Os cravos das caligae, botas militares romanas, foron detectados cun detector de metais. Aínda que o coiro estaba desintegrado, as uñas estaban case intactas. Crese que pertencían a unha bota pequena e moi usada. Estes cravos suxeitaban as capas de coiro da bota, creando un efecto de masaxe nos pés dos soldados.
Fonte |labrujulaverde
Publicado por: Adrián Gañete Novoa (27/11/2024)
As escavacións na Vila Romana das Gabias revelaron un grande edificio cunha ábsida semicircular, confirmando a monumentalidade da vila. A intervención actual permitiu coñecer mellor o trazado das edificacións arredor do criptopórtico, situado nun patio duns 50 metros de lado, destacando a dimensión e a importancia desta vila, a cal é considerada unha das máis grandes da provincia de Granada.
O proxecto, financiado con 200.000 euros, está dirixido por arqueólogos das universidades de Málaga e Granada e conta co apoio do Concello de Las Gabias e da Xunta de Andalucía. Os resultados obtidos reforzan a idea de que a vila non era unha construción illada, senón que formaba parte dun conxunto con xardíns e miradoiros, o que a sitúa á altura doutras vilas romanas importantes da Península.
A escavación desenvolverase ao longo de seis anos e retoma as investigacións iniciadas no ano 1920, cando se atopou un corredor medio soterrado na zona. A súa recuperación non só contribuirá ao coñecemento da ocupación romana no sur de España, senón que dinamizará a oferta cultural e a economía local das Gabias.
Fonte |Cultura Clásica
Publicado por: Adrián Gañete Novoa (20/02/2025)
O servizo de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, autorizou unha nova fase de escavación no Castro de Pereiras, que comezará o próximo luns e estará centrada na Domus Romana descuberta a finais de 2024. Esta sexta intervención, financiada integramente pola comunidade de Montes de Pereiras tras a súa aprobación en asemblea, será dirixida polo recoñecido arqueólogo Mario Pereiro e o seu equipo da empresa Tempos e Castelos no Aire. Durante dúas semanas, a cidadanía poderá achegarse ao lugar para coñecer os avances nun proxecto que reforza o papel do Castro como punto clave na investigación e preservación do patrimonio arqueolóxico romano en Galicia.
Fonte | lavozdegalicia
Publicado por: Lea Rodríguez Ríos (11/03/2025)
Descubren nunha estrutura romana nunha embarcación carolinxia de 16 metros de longo no leito do río Loira.
En Ancenis-Saint-Géréon (Loira Atlántico) O Instituto Nacional de Investigación Arqueológicas Preventivas levou a cabo as escavacións nas orillas do río de Loira .Descubriron unha estrutura feita de madeira e pedra propia da época Romana .
Esta estrutura foi usada para un posible cruce fluvial para conectar as localidades próximas, está composta por vigas horizontais e postes de madeira anclados na orilla do río.
Encontraronse máis obxetos romanos ademais da estrutura descuberta.
fonte: La Brújula Verde
publicación por Ruth Muñoz-Redondo Gestoso (6/11/2024)
Obras en Piazza Pia, hallados restos romanos
Excavacións arqueolóxicas realizadas durante as obras de remodelación da Piazza Pia, preto do Castel Sant'Angelo. Durante os traballos, descubriuse unha fullonica (lavadoiro de roupa da antiga Roma), xunto con outras estruturas asociadas aos horti imperiais, como os Horti Agrippinae.
Estes achados enriquecerán culturalmente a zona, mentres continúan as obras para o próximo Xubileu de 2025. As autoridades romanas planean trasladar estes restos ao Castel Sant'Angelo para a súa preservación e valorización cultural.
Publicado por : Ruth Muñoz-Redondo Gestoso (12/12/2024)
Fonte: Jubileo
Airbnb organizou un evento único no Coliseo de Roma, onde varios clientes disfrazados de gladiadores participaron nun combate simbólico. A iniciativa tiña como obxectivo chamar a atención sobre a importancia de preservar o patrimonio histórico e cultural. Como parte desta campaña, Airbnb comprometeuse a doar 15 millóns de euros para axudar na conservación deste emblemático monumento, símbolo da historia e a cultura romanas. O evento combinou espectáculo e compromiso social, destacando o vínculo entre turismo e responsabilidade cultural.
publicado por: Ruth Muñoz-Redondo Gestoso(3/12/2024)
Fonte: El Pais
Un raio danou o Arco de Constantino en Roma
Segundo o autor, un raio dunha tormenta en Roma provocou o desprendemento de varios pedazos do arco Romano de Constantino, preto do Coliseo. Estes fragmentos xa se están a recoller para a pronta reestructuración do monumento.
Fonte | Diario ABC
Ángel Gómez Fuentes (04/09/2024 )
Publicado por Blanca Cillero López (04/09/2024)
O español supera por primeira vez os 600 millóns de falantes e mantense coma a segunda lingua materna do planeta.
Segundo o anuario recóllese que bos falantes do español sobrepasan no 2024 os 600 millóns de falantes. Segundo o anuario do instituto Cervantes, recóllese que a comunidade de hispanofalantes con dominio nativo roza os 500 millóns de falantes, sendo así os 100 millóns restantes falantes do español fora dos paises hispánicos.
Ademáis, neste anuario declárase que o español é a segunda lingua materna conservada no planeta despois do chinés mandarín. Esta lingua é tamén a segunda lingua do mundo con máis producción cinematográfica e, tralo inglés, nas series de ficción.
Fonte | La Voz de Galicia
O autor é descoñecido. 30 oct 2024
Publicado por Blanca Cillero López (30/09/2024)
Tumbas Etruscas
Un anticuario italiano levaba hórreos galegos a poxas internacionais anunciándoos falsamente coma «tumbas etruscas». Esto fixo que se levantasen as sospeitas. Os corpos de policía italianos puxéronse en contacto cos corpos de seguridade para informarlles de que alguén estaba transportando templos galegos a Italia para vendelos, aproveitando a liberdade de movementos que a Unión Europea lle permitía, xa que as fronteiras desapareceron.
Este acto está prohibido, debido a que os horreos non se poden transportar, pero hai tantos que os cidadáns prefiren cambialos por cartos.
Finalmente foron perseguidos polos corpos de seguridade e detidos na fronteira cando levaban consigo algúns cabazos no camión, desmontados, e enriba sen factura de compra, porque os vendedores dos hórreos facíano en cartos ocultos á Axencia Tributaria.
Segundo o autor, deberíase ter máis en conta o legado que herdamos, dándolle máis valor a estas herencias dos nosos antepasados.
Publicado por Blanca Cillero López (30/09/2024)