Post date: Mar 3, 2018 12:43:49 PM
Os restos dunha casa romana pertencente a un comandante da época imperial e datados no século II d.C. foron descubertos durante as obras do metro de Roma, donde se presentaron ó público. Trátase de dous edificios, construídos na época do emperador Adriano, que forman parte da fortaleza militar descuberta na primavera de 2016 no distrito romano de Celio.A zona do descubrimento está nos alrededores da actual basílica de San Juan de Letrán. Na Roma antiga, foi un «verdadeiro barrio militar», construído especialmente na época de Traxano (principios do século II d.C.).O novo achado arqueolóxico atópase a a unha profundidade de 12 metros, un nivel aproximadamente tres metros por debaixo que o resto do cuartel, e foi cualificado de «extraordinario» polo Ministerio.«Cremos que se trata da casa dun comandante, pois a súa decoración é rica e refinada, o que non era propio dos soldados», dixo Prosperetti, quen cualificou o estado de conservación das estancias de «moi bo» e dixo que se descubriran ademais «pequenísimos obxectos e amuletos femininos».
Con frescos naturais nas paredes e pavimento realizado en mármore branco e pizarra gris, en forma de mosaico, aprecianse transformacións tanto nas propias estancias como nos seus revestimentos, o que podería ser indicio de «que foi utilizada sucesivamente por varias persoas como residencia», expuxo o superintendente.
Fonte e imaxe | ABC