Post date: Dec 10, 2016 1:52:11 PM
A vía romana da Carisa unía a Meseta con Noega, o porto de Xixón. Co achado do xacemento de Carraceo, xa son catro os lugares considerados bens de interés cultural protexidos pola Consellería de Cultura, na emblemática zona da Carisa.
Este verán levouse a cabo a investigación do enclave de Carraceo, entre os municipios de Aller e Lena. Recuperáronse máis de cen restos, dos cales media centena son romanos. A investigación aínda non rematou, pero crese que o lugar foi un punto de vixilancia para os romanos e que non albergou barracóns nin outros asentamentos dos lexionarios.
Os demais xacementos da vía Carisa, que xa estaban protexidos, eran: o campamento do Picu L.Iagüezos, que albergou unha formación militar romana de envergadura; o campamento de Curriel.los, preto do cal se puido producir a rebelión Astur, no ano 22 a.C., e que destaca pola súa altitude: 1500 m; e o xacemento no monte Homón do Faro, que se trata dunha construción de finais do século VII e mediadios do VIII.
Fonte | La Nueva España
Imaxe (operarios e arqueólogos escavando en Carraceo) | Fernando Geijo