Post date: Jan 19, 2015 4:36:37 PM
As excavacións arqueolóxicas que se leváron a cabo no solar Quevedo de Sagunto sacaron a luz a maior praza pública da época romana que existe na localidade. Trátase dun recinto monumental do século II despois de Cristo, que constata a gran área que se creou nesta zona da cidade en sintonía co circo romano e a Vía do Pórtico. Os arqueólogos Víctor Algarra e Maite Sánchez recuperaron dous grandes muros de este monumental recinto. Un deles supera os 36 metros lineais, e o outro uns 30 metros, o que significa que este recinto “superaría os 70 metros lineais”, según explicou Algarra. Dadalas súas dimensións, todo apunta a que se tratara dunha gran praza pública. Ademáis, segundo o arqueólogo Víctor Algarra, no extremo sur do muro este “encontramos unha porta monumental de este recinto”. Xunto a estos dous grandes muros, a parella de arqueólogos descubriu unha cloaca que atravesa en diagonal este conxunto monumental. E outro gran descubrimento foi o achadego de dúas estancias que se adosan ao recinto. Trátase de dúas habitacións rectangulares de 5×3,5 metros. “En estos momentos estamos estudiando a época destas dúas estancias, pero todo apunta a que sean anteriores ao recinto romano, pero que funcionaran xuntos durante un tempo. Da época medieval, as excavacións arqueolóxicas sacaron a luz o Convento de la Trinidad que funcionou no municipio ata 1833, cando a desamortización de Mendizábal cerrou as portas da maioría destos centros relixiosos. A partir de esta data, o edificio foi utilizado para outros usos, incluso albergou unha instalación industrial hasta principios do século XX.
imaxen e información Elperiodicodeaqui