Post date: May 31, 2015 2:28:31 PM
Berja quere recuperar o seu anfiteatro, o único anfiteatro romano de Almería e un dos poucos dos que se teñen constancia en toda Andalucía e en xeral en toda a Bética romana. Para isto o Concello de Berja busca a construción de un graderío no Anfiteatro Romano de Villavieja. E busca apoio.Nunha carta enviada a Delegada de Cultura da xunta , Isabel Arévalo, o alcalde, Antonio Torres, pediulle que cumpla o que ela mesma prometeu no seu programa electoral, onde propoñía “a celebración dun festival de teatro clásico no anfiteatro de Villavieja”.O anfiteatro romano de Vergi é o único coñecido en Almería. Está situado en unha colina alargada en dirección NS, a dous kilómetros do pobo. Debeu de estar habitada ata os comezos da Baixa Idade Media e tamén ten restos de unha alcazaba musulmana. O anfiteatro romano virgitano encontrase excavado no chan, a pouco más de 4 m de profundidade. “Por a súa sonoridade é un lugar buscado intencionadamente para iso”, afirma Lorenzo Cara. A súa planta é oval con unha elipse de 43 metros por 26,6 m. As súas gradas foron construidas en madeira, como era o normal. As súas duas entradas, norte e sur, enfrentadas, son evidentes ainda hoxe en día. Nel levaríanse a cabo espectáculos cívicos con feras e gladiadores.
Información e imaxe de Lavozdealmería