Post date: 30-sep-2014 20:53:59
Arqueólogos británicos descobren unha das mellores coleccións de xoiería romana do Reino Unido. O tesouro, que foi achado como unha maraña de metal, inclúe brazaletes, pendentes, aneis de ouro, cadeas de prata e moedas.
Os historiadores cren que as xoias foron abandonadas por un romano rico que intentaba escapar cando o exército da raíña guerreira Boudica chegou á cidade de Colchester, no ano 61 d.C.
Ademáis das xoias, atopáronse tamén ósos humanos pertencentes á mandíbula e á canela.
Máis información en: RT