Martiricios: a maior industria alfareira de Málaga

Post date: Nov 15, 2017 6:30:06 PM

O concello de Málaga demostra que neste lugar da comunidade (Martiricos) albergouse unha importante industria alfareira da época romana, que deixou de realizar a súa actividade de maneira misteriosa, deixando prácticamente intactos tanto fornos coma ánforas apiladas.

Pénsase que este complexo alfareiro puido estar en funcionamento entre os séculos I e IV d. C. Na imaxe podemos ver que se trata dun forno de grandes dimensións, cunha cámara de combustión de pranta circular centrada nun piar tamén circular. Tamén atoparon balsas de decantación onde almacenaban barro para que a arxila máis pura quedara no fondo. 

A parte de estos achados, atopouse tamén unha gran zona de servicio e grandes naves ao seu redor. Tamén se achou un camiño que estaba asociado a unha necrópole, que contaba con inhumacións e incineracións sobre os piares dun val. A proximidade ao Río Guadalmedina foi unha das razóns polas cales os romanos de aquela época decidiron instalarse alí, aínda que cesou a súa actividade sen explicación.

Neste lugar está prevista a construción duns edificios protexidos, e por iso pídese que sexan tapados  estos restos arqueolóxicos cunha capa xeotéxtil e que non se construirá sobre eles, aínda que dende o concello píden que se deixen á luz para que podan ser visitados.

Fonte | Diario Sur