Post date: 18-may-2018 13:20:50
Paníkos Jrisostómos, director do Departamento Arqueolóxico de Florina, revelou na XXXI reunión científica sobre os traballos en Macedonia e Tracia a riqueza da ‘’Mansión de Alejandro’’, unha gran vila privada de cinco mil metros cadrados, construída no século II d. C., que pertenceu a época romana.Aparte dos cuartos máis pequenos, podemos encontrar tres salas importantes: Europa, do Bestiario e Nereidas. Na primeira podemos ver representacións mitolóxicas como o rapto de Europa ou do deus Apolo, ademais dunha inscrición co nome dos propietarios, Alejandro e Mémnia. Na segunda, un mosaico cun animal masculino loitando contra un león. Por último, na máis grande e mellor decorada, descubrimos representacións das Nereidas, escenas de pesca, as catro estacións ou os hipocampos.Podemos deducir polo seu tamaño e a súa decoración que os propietarios eran gregos romanizados cunha boa posición social. Aínda falta moito por ser presentado, xa que só se descubriu un terzo do total da mansión.Fonte | ABC
Imaxe | ABC