Post date: 29-may-2017 16:30:21
O descubrimento na bahía de Cullera da primeira ánfora romana e o quinto cepo romano que xa pasaron ás mans da poboación reforzan a teoría de que o mítico Portum Sucrone, a importante cidade romana que albergou a comarca, se emplazaba no territorio que ocupa a actual localidade. As labores de extracción desenvolvéronse dentro do proxecto de Prospección Arqueolóxica Subacuática da Bahía de Cullera levadas a cabo por experimentados buzos descubridores do posible Portum Sucrone.
A operación iniciouse na bocana do porto e puidose realizar con éxito grazas á boa visibilidade dun mar en calma. Ainda non é posible determinar a época das dúas pezas, ambas en perfecto estado, pero nos vindeiros días procederase a facer un estudo exhaustivo co obxetivo de coñecer os séculos dos que datan e outros detalles como a carga que levaba a ánfora.
Trátase dun descubrimento singular xa que non é doado atoparse pezas enteiras e menos en superficie, como neste caso. Ademáis, o feito de que aparecera outro cepo apunta ao enorme tráfico comercial que albergaba a bahía. Pese a que o responsable dos museos se mostrase prudente e non quixese afirmar que eso supoña definitivamente a confirmación da presencia do Portum Sucrone, fixo fincapé en que se trata de "dous indicios moi potentes". O proxecto ten dividida a costa cullerense en catro áreas que van dende a Illa dos Pensamentos ata a Penya Roja, pasando pola desembocadura do Xúquer e a Penyeta del Moro.
O interese municipal foi agradecido por financiar esta iniciativa xa que, grazas a esta financiación, estarán permitidas 45 inmersións anuais. O alcalde de Cullera plantexouse a posibilidade de crear un museo do mar no futuro para expoñer a riqueza arqueolóxica da bahía e valorou que os distintos descubrimentos contribúen a aumentar o atractivo de Cullera como paraíso para os amantes do buceo.
Fonte e imaxe | LA VANGUARDIA