Achan espolóns e cascos de bronce da batalla naval das illas Égadas

Post date: 14-nov-2017 19:31:49

A uns 75-95 metros de profundidade ó noroeste da pequena Levanzo, situada ó oeste de Sicilia, permanecen sumerxidos os restos da batalla naval das illas Égadas (241 a.C.), entre a flota romana e a cartaxinesa, ó final da primeira guerra púnica. A flota do comandante naval romano Cayo Lutacio Cátulo derrotóu á flota cartaxinesa na batalla das illas Égadas, poñendo fin a 23 años de guerra ininterrumpida.A campaña arqueolóxica efectuada en outubro de 2017 sacou á luz dous novos espolóns de bronce, que se montaban na proa dos navíos para embestir ó inimigo; en total xa son 13 os espolóns recuperados. Os dous novos espolóns conservan inscripcións púnicas que aínda non se descifraron.Ademáis, acháronse dez cascos romanos de bronce do tipo Montefortino, denominado así pola necrópolis de Montefortino na provincia de Ancona.Un dos cascos presenta unha peculiaridade absolutamente única: un relevo na parte superior que reproduce a pel dun león, un elemento decorativo que podería estar relacionado co mítico Herácles ou Hércules, representado a miúdo cunha pel de león sobre a cabeza. Tamén podería indicar un rol xerárquico no exército romano.

Imaxe dun casco romano | La túnica de Neso

Fonte | La túnica de Neso