Post date: 14-ene-2015 15:02:01
A arquitectura romana logrou resistir o paso do tempo grazas a un 'ingredente segredo': a existencia de cinza volcánica no morteiro. Os científicos consideran que 'a receita' pode ser útil para a construcción dos edificios modernos.Un grupo de investigadores do Departamento de Enerxía de EE.UU. revelaron que monumentos da arquitectura romana mundialmente coñecidos como o Coliseo, o Panteón, os Foros Imperias e o Mercado de Traxano están construidos con morteiro, a base de cinza volcánica, informa a revista científica New Center. Ata agora o segredo destes materiais non se coñecia.
Utilizando raios X, os científicos estudiaron unha reproducción do morteiro da época romana previamente sometido a probas de fractura. Grazas a un experimento que durou 180 días puídose determinar que o morteiro conten cinza de orixen volcánica, a cal crea estruturas de cristal que impiden a aparicion de microfisuras.
Os investigadores admiten que seguirán investigando as cualidades da cinza volcánica e buscarán medios de incorporala a producción de formigóns modernos para mellorar a súa resistencia.
Imagen e información: RT en España