Hachan os asteleiros máis antigos do mundo en Turquía.

Post date: Oct 23, 2016 11:33:12 AM

O rec

ente descubrimento dun asteleiro foi anunciado por arqueólogos turcos que aseguran que pode arroxar luz e esperanza sobre os misteriosos "pobos de mar". Segundo o responsable da investigación, os traballos comezaron en 2015 ó longo da costa Mersín, en busca de artefactos arqueolóxicos. O que atoparon foi o astilleiro máis grande da antigüidade atopado ata o momento, que pertence aproximadamente ó 1200 a.C., durante a tardía Idade de Bronce.As dimensións deste, sorprenderon ós arqueólogos, xa que creen que podería chegar a albergar a construción simultánea de 270 barcos, o que o convirte único no mundo antigo. Respecto a quen puido construílo, barallanan a posibilidade de que é unha obra misteriosa dos Pobos de Mar, un grupo de pobos que aparecen na historia arredor de 1200 a.C. atacando Exipto durante o reinado de Ramsés III. Algunha teoría relaciónaos coa fin da civilización micénica e a do imperio Hitita a finais do século XIII a.C, dando comezo ó que se fai chamar Idade Escura.O nome da illa está relacionado coa hetimoloxía do fogar dos Denyen, un dos pobos de mar, dos que apenas se coñecen datos. Atopouse deshabitada dende fai 2800 anos e o goberno turco actualmente prohíbe calquer tipo de edificación ou restauración. Entres os restos que se albergan atopáronse igrexas, tumbas, casas, acuedutos e baños de época romana.

Astilleiro na Isla de Dana, Turquía|daily news