Un santuario do Imperio Romano, olvidado baixo o lixo en España

Post date: Dec 11, 2016 7:36:30 PM

Unha reportaxe levada a cabo por un xoven arqueólogo para un diario do sur de España, destacou a existencia dun santuario cerca de Cádiz. Aínda que xa descuberto, é frecuentemente olvidado a pesar da súa relevancia na época romana. Este templo dedicábase ao culto a Salus, deusa da saúde cuxa equivalente na mitoloxía grega era Hixía.

A razón disto é que o templo apenas se pode apreciar, xa que se encontra soterrado nunha parte da vía Augusta. Pero a súa importancia no pasado verase aínda máis reforzada co descubremento de moedas que fixo este xoven arqueólogo na zona e que están sendo estudadas neste momento.

Fonte e imaxe | Actualidad RT