A Constitución da República romana básase no equilibrio entre 3 órganos políticos:
magistratus
senatus
populus (cidadáns que gozan de plenos dereitos, unha minoría)
Unha maxistratura é o cargo exercido por un maxistrado.
Os maxistrados son elixidos polos cidadáns reunidos en asembleas.
Tiñan un cargo honorífico e normalmente eran desempeñadas durante 1 ano, sen poder acceder de novo ata 10 anos despois.
Existen unhas conditio sine qua non poder acceder a elas como: ser varón, ter a idade mínima para manter un cargo, non ter cometido delitos previamente...)
O termo Magister, "mestre", designaba a unha persoa que tiña poder e autoridade sobre outras (deriva á súa vez do adverbio magis, "máis").
Os maxistrados exercen :
Potestas: Era aquela autoridade civil común a todos os maxistrados que tiñan a capacidade de facer cumprir a súa decisión. Tiñan dous tipos de poderes:
O poder político: no que convocaban ao pobo e ao senado para presentar propostas para unha votación.
O poder xurídico: no que tiñan o poder de publicar edictos e multas.
Ius auspiciorum minorum: dereito relixioso de consultar a vondade dos deuses dentro de roma, é dicir, tomar os auspicios.
Os maxistrados superiores (cum imperio), praetor, consul e dictator, tiñan o poder de:
Ius auspiciorum maiorum: tomar os auspicios fora de Roma.
Imperium: Era unha autoridade militar que tiña o dereito de vida e morte sobre os cidadáns. Só a podían exercer os maiores cargos é dicir, o dictator, o consul e o praetor. Tiñan tres poderes:
O poder político, no que podían convocar ao pobo extra pomerium.
O poder xurídico, no que tiñan o poder de realizar xuízos con pena de morte ou castigos
O poder militar, o mando sobre o exército. Tamén realizaban acordos coa política exterior e tiñan o dereito de celebración ao triunfo como imperator.
Só os dictatores, consules e praetores tiñan dereito a ser escoltados polos lictores, símbolo dunha maxistratura cum imperio.
De orixe etrusca, o dereito a ser escoltado pasou dos reis aos maxistrados cum imperio, e dicir, a aqueles que tiñan poder militar e o dereito a castigar aos cidadáns ata con penas de morte: consules, praetores, dictator) dos dereitos e prerrogativas inherentes a unha autoridade concreta, constituíndo un dos elementos máis característicos do simbolismo constitucional romano.
Un Lictor (plural lictores) era un funcionario público que ao longo do periodo republicano da Roma clásica se encargaba de escoltar aos maxistrados curules (os que tiñan dereito a sentar na sella curul: consules, praetores, dictator), marchando diante de eles, e mesmo de garantizar a orde pública e custodia aos prisioneiros, desempeñando funcións que hoxe se poderían identificar coa "policía local". Os lictores debían ser cidadáns romanos de pleno dereito, aínda que o soldo e a condición social do cargo deberon de ser máis ben escasos. O oficio dos lictores consistía sobre todo en executar aos reos cando estes eran cidadáns romanos. Os extranxeiros e os escravos eran castigados pola man do verdugo (carnifex). Os lictores precedían tamén probablemente á execución dos xuízos ditados en materia civil. Ademais avisaban aos que encontraban polos camiños, para que prestasen a homenaxe debida aos maxistrados a quen precedían, homenaxe que consistía en botar pé a terra os que ían a cabalo e en apartarse e descubrir a cabeza os peóns.
Fóra de Roma, os lictores vestían túnica escarlata, ceñida por un ancho cinto de coiro negro craveteado con latón,e portaban sobre o ombreiro izquerdo un feixe de varas (fasces), no que se encontraban insertas unha ou dúas machadas, o que simbolizaba a capacidade do maxistrado cum imperium para castigar e executar. En cambio, cando se achaban dentro do pomerium (a fronteira sagrada da cidade de Roma), os lictores vestían toga blanca e fasces sin machadas, simbolizando a limitación do poder, pois non podían executar a ningún cidadán (aínda que sí azoutar).
Era o nome que recibía a carreira política de responsabilidades públicas. Instaurase durante a República e seguiu durante o imperio. Significa literalmente "carreira dos honores".
É a sucesión das maxistraturas (cuestura, edilidade, pretura e consulado), que constituían a carreira política dun romano. Establece a orde e a xerarquía pola que se rexían as maxistraturas romanas.
O cursus honorum comprendía catro etapas (cargos) que se debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.
Nos últimos anos fíxase o modelo consistente nun servicio militar previo, seguido dos cargos de cuestor, edil, praetor e cónsul.
Maxistratura sine imperio.
Administraban o tesouro público, recaudando impostos ou distribuíndo o botín de guerra, e protexían o arquivo do estado.
Maxistratura sine imperio.
O termo edil está relacionado coa palabra latina para designar aos templos e a súa función principal era conservar ditos templos en boas condicións.
Ocúpase da vixianza e xestión da cidade (política, sanidade e obras públicas), tiña o control do abastecemento de trigo e dos mercados, organizaban os xogos e festas públicas, e ocupábanse dos seus gastos.
Ao principio, sempre eran os patricios os que ocupaban este cargo, pero máis tarde, crearíanse ediles plebeos.
Ser edil era considerado un paso intermedio no cursus honorum.
Maxistratura cum imperio.
Administraban a xustiza, convocaban ao pobo nos comitia centuriata e convocaban ao Senatus.
Maxistratura cum imperio.
Acada o mando militar e civil supremo, convoca ao pobo nos comitia centuriata, eran acompañados por doce lictores, convocan ao Senatus.
Latinismo actual: Cursus honorum
O Cursus honorum é a sucesión das maxistraturas (cuestura, edilidade, pretura e consulado), que constituían a carreira política dun romano.
O cursus honorum comprendía catro etapas que se debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul. Na actualidade empregamos cursus honorum para referirnos á carreira dos políticos, é dicir, á sucesión de postos de responsabilidade e cargos que van ocupando ao longo da súa vida pública, ou á carreira de calquera outro profesional, ou sexa, os seus logros e distincións logrados ao longo da súa vida laboral.
Varios exemplos na prensa:
Neste caso o cursus honorum refírese a todas as persoas que vestiu un modista.
Aquel hijo de campesinos veía crecer la hierba y a finales de los 60 el musical 'Hair' fue un aldabonazo en su perspicacia: vislumbró que todo iba a salirse de madre y vistió a las niñas bien con 'glamour yeyé'. Él era muy del último grito y se apuntó al 'look' minifaldero sin renunciar el discreto encanto de la burguesía. Lo aclamaron en Nueva York, posó para 'Harper's Bazaar' y desfiló en el Hotel Plaza. Su 'cursus honorum' lo remató vistiendo a nativas como Carmen Franco, Lola Flores o la Salomé de Eurovisión; a foráneas como Ava Gardner, Audrey Hepburn, Jackie Kennedy o Marisa Berenson; y a mediopensionistas como la -todavía- princesa Sofía o la condesa de Romanones, Aline Griffith. (El Mundo, 11/09/2017) Ver texto completo.
Aquí o cursus honorum abrangue os cargos que desempeñou un político.
A sus 64 años, este antiguo trabajador de los astilleros públicos de Bazán, que fue condenado a cinco años de cárcel en el franquismo, ha decidido marcharse. Antes de llegar al cargo que ahora ocupa, este sindicalista había recorrido todo el cursus honorum de CC OO: presidente del comité de Bazán, secretario general de la Federación del Metal, primero, y de la Minerometalúrgica, después, y, entre 2004 y 2008, responsable de Acción Sindical, es decir, número dos del sindicato. (El País, 11/03/2017) Ver texto completo.
As maxistraturas extraordinarias eran aquelas que estaban á marxe do Cursus Honorum.
Tribunus Plebis
O tribuno da plebe era un cargo da antiga república romana elixido polos cidadáns que compoñían a plebe. Os tribunos da plebe xurdiron como contrapoder dos cónsules, en número de 2 e para defender aos plebeos.
Ofrecían protección ao pobo (auxilium) contra os abusos de autoridade dos maxistrados mediante o dereito de veto (intercessio), que podían exercer contra calquera decisión dun maxistrado que considerasen perxudicial para os intereses da plebe. Esta actividade exercíana por petición dun cidadán ou pola súa propia iniciativa.
Posuían inmunidade política, isto é, poder cometer delitos sen ser xulgados pola nación, e podían convocar as asambleas da plebe e ao senado.
Os tribunos non tiñan a consideración de maxistrados romanos xa que as súas facultades ao principio eran meramente negativas. Como tales non podían sentarse nas sellae curules reservadas aos maxistrados e debían sentarse nos bancos.
A diferencia dos cónsules, non dispoñían de lictores, de toga galoneada de púrpura, nin de insignias de maxistrado. Os tribunos non podían votar no Senado nin formar parte do Consello da Cidade (Curia). O seu cargo era anual e terminaba cada ano o 10 de decembro.
A figura do Tribunus Plebis no dereito actual
Dereito de veto
Podemos ver, no poder de veto do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, unha influenza da figura do Tribunus Plebis romano, que posuía tamén o dereito de veto (intercessio) contra as decisións de calquera maxistrado, se estas vulneraban os dereitos dos plebeos.
Refírese ao poder de veto exercido exclusivamente polos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas (China, Francia, Rusia, Reino Unido e Estados Unidos), permitíndolles evitar a aprobación de calquera resolución "substantiva"
Como exemplo do anterior podemos ler nesta nova onde Rusia veta na ONU unha resolución de apoio ao plan de reunificación de Chipre | El País (22 ABR 2004)
Na UE tamén está presente o dereito de voto como podemos ver na seguinte nova onde se fala de que a UE reitera o dereito a veto de España no Peñón | El País (27 JUN 2017)
Defensor do pobo, similitudes
O defensor do pobo é o encargado de velar polos dereitos dos habitantes ante os abusos que poidan facer (dentro do poder lexislativo) os poderes políticos. Este usa a súa supervisión como instrumento para defender os dereitos e liberdades fundamentais.
É elixido mediante unha votación parlamentaria con maioría calificada e tras un debate público sobre a figura do candidato. O defensor do pobo, ao igual que o tribunus plebis, non pode ser cesado e tampouco pertence ao Parlamento.
Sinalouse nos dereitos humanos que a efectividade desta figura queda limitada a impoñer as súas decisións ante as autoridades concernidas e que a súa forma de control queda na razonabilidade e persuasión dos seus argumentos co cal adquire un caracter máis político que xudicial.
En cambio queda demostrado que as súas recomendacións soen ser atendidas polos poderes públicos.
Este cargo era elixido cada cinco anos polos comitia centuriata, presididos por un dos seus cónsules. Elaboraba o census para ter unha declaración da renda, é decir, uns impostos, e tamén controlaba o empadroamento.
Realizaba os controles dos comportamentos públicos e os bos costumes. Elaboraba as listas dos membros do senado, podendo descartar a posibles candidatos mediante a chamada nota censoria.
Maxistratura de Catón
Marco Porcio Catón, nacido no 234 a.C en Túsculo. Foi, primeiramente un labrego con grandes dotes para a oratoria, debido a isto comezou a defender ós seus paisanos. Por este motivo empezárono a chamar Catón, que significa “sabio”.
Sendo xoven, uniuse ó exército e participou na conquista de Tarento. Foi entón cando entrou en contacto ca filosofía helénica.
Posteriormente Valerio Flaco, un veciño seu, propúxolle ir a Roma con él para iniciarse na vida pública. Foi así como Catón comezou o cursus honorum e ingresou no Senado no 195 a.C. Uns anos máis tarde converteuse no gobernador de Cerdeña. Era coñecido por ser aforrador e humilde, ademáis de un home de negocios.
A conciencia de Roma
Catón mostraba continuamente o seu desagrado ante a influencia da cultura e dos costumes gregos, xa que consideraba que eran depravados e nocivos, como por exemplo a hixiene persoal ou o costume de afeitarse, que pensaba que era unha forma de afeminamento.
Entón, tomou medidas para restablecer a auténtica moral romana, entre elas acusacións de corrupción contra políticos romanos. Estes feitos aumentaron a súa popularidade e no 184 a.C. foi nomeado censor.
Durante o seu cargo aprobou medidas contra os publicani (recadadores de impostos odiados polo pobo) e decretou grandes impostos na compra de artículos de luxo (vestidos, carruaxes, vaixelas). Tamén defendeu causas e reformas no Foro.
Aínda cando era un octoxenario non deixou de actuar como autoridade moral ante os seus concidadáns e de advertirlles sobre os perigos do contacto co estranxeiro.
Era de caracter extraordinario, nomeado en momentos de grave crise do estado, unha maxistratura elexida polo Senado, mediante un senatusconsultum, por un período de seis meses, e tiñan o máximo imperium.
Durante este período o dictador tiña plenos poderes e inmunidade total polas súas accións, podía gobernar por decreto, alterar o dereito según lle parecese e cambiar as leis sen necesidade algunha da aprobación dos comicios.
Este cargo tiña un dereito a un escolta de 24 lictores, e estes coas fasces. Non cobraban polo seu poder exercido. Tiñan o veto sobre os maxistrados inferiores.
Era o principal axudante do Dictator e exercía o posto de Xefe do Estado Maior do exército.
Lucio Quincio Cincinato (519 a. C. - 439 a. C.) foi un patricio, cónsul, xeneral e, posteriormente, un dictator romano. Grazas as súas accións convertiuse nun modelo de honradez e rectitude para os republicanos romanos.
Retirouse da política, desgustado, despois de que o seu fillo fora exiliado por utilizar unha linguaxe violenta contra os tribunos. Isto non evitou que o chamaran en múltiples ocasións para desempeñar distintos cometidos.
A primeira vez foi chamado polo Senado no ano 458 a. C. para que fora un cónsul suffectus, é dicir, un cónsul substituto, e mediar unha disputa entre os tribunos e os plebeos pola Ley Terentilia Arsa. Despois volveu as súas labores agrícolas.
A segunda vez, dous anos despois, foi chamado de novo polo Senado mentres, ou iso se di, estaba traballando nos seus campos co arado. O cargo que esta vez desempeñou foi o de dictator para salvar a Roma e ao seu exército das invasións dos ecuos e os volscos. En menos de vinte días, e grazas as súas dotes de líder, conseguiron vencer aos ecuos. Igual que sucedera na primeira vez despois de terminar coas súas labores políticas regresou ao campo.
A terceira e última vez foi chamado polo cónsul Tito Quincio Capitolino Barbato, cando tiña oitenta anos, de novo para ser dictator. Naquel momento un home rico, Espurio Melio, trataba de destruír a República subornando aos tribunos, ofrecendo trigo as persoas nun momento de crise, gardando armas na súa casa, etc. Cincinato mandou ao xefe da cabalería Cayo Servilio Ahala e, antes de que Melio puidera escapar, mandouno executar.
A súa imaxe inspirou ao nome da cidade de Ohio, Cincinnati, en honor a sociedade dos ‘’cincinatos’’, que a súa vez honraba a George Washington, considerado coma un ‘’Cincinato’’ moderno na revolución estadounidense.
Caio Xulio César (100 a.C. - 44 a.C.) foi un xeneral romano, cónsul e autor de prosa en latín.Tivo un papel moi importante na desaparición da República Romana e na creación do Imperio Romano.
No ano 60 a.C. formou unha alianza política con Craso e Pompeio e así tiveron o control da política romana durante anos. Ao ano seguinte desto Ceśar foi elixido cónsul e tomou medidas que fixeron que acrecentaron a súa popularidade: repartiu lotes de terra, aumentou os controis sobre os gobernantes provinciais e deu publicidade ás discusións do senado.
César acumulou cargos e honras que fortaleceron o seu poder persoal: cónsul por dez anos, prefecto dos costumes, xefe supremo do exército, sumo sacerdote, ditador perpetuo, emperador con dereito de transmisión herditaria…
A súa estatua comezou a colocarse en todos os templos, o Senado foi reducido a un mero consello do príncipe. Estableceu así unha ditadura militar disimulada pola aparencia de acumulación de maxistraturas civís. Reservouse o dereito a nomear e cesar funcionarios, organizou un censo de cidadáns, ditou a Lex Iulia Municipalis, repartiu terras entre as súas tropas, reformou o calendario, o fornecemento das provincias, ampliou o número de senadores a 900 e promoveu grandes obras civís.
O temor a que abolise o sistema republicano a prol dunha acumulación de poderes alentou unha conspiración contra el. Morreu asasinado no senado nos idus de marzo do ano 44 a. C. nunha conxura dirixida por Casio e Bruto, que lle impediu completar as súas reformas. Aínda así, deixou terminadas algunhas, como o cambio do calendario, unha nova lei municipal que concedía maior autonomía ás cidades, a reconversión como agricultores das masas italianas proletarizadas, o establecemento de colonias en lugares propicios para o comercio…, todo apuntaba a transformar Roma, da cidade-estado que fora, en cabeza dun imperio que abranguese a práctica totalidade do mundo coñecido, ao mesmo tempo que se transformaba a súa vella constitución oligárquica por unha monarquía autoritaria. Dita obra sería completada polo seu sobriño-neto e sucesor, Octavio Augusto.
Conclusión
Entre estes dous personaxes históricos existe un claro contraste. Mentres que Cincinato utilizou o poder concedido para simplemente realizar as accións que se lle pediran, sen aproveitarse, e foi considerado unha persoa honrada, César aproveitouno para aumentar o seu poder persoal e intentar conseguir desa maneira abolir a República e instaurar unha ditadura provocando que, antes de que puidera levar a cabo o seu cometido, fora asesinado no Senado.
Contexto histórico
República romana en crise militar e política.
Rol político
Patricio, cónsul e ditador temporal elixido para resolver crises militares.
Servizo á patria
Deixou o arado para asumir o poder absoluto e salvar Roma de invasores; tras a vitoria, renunciou ao poder e volveu á súa vida sinxela no campo.
Uso do poder político
Exerceu o poder só o tempo estritamente necesario, sen buscar beneficios persoais nin prolongar o seu mandato.
Exemplo ético e moral
Símbolo romano de virtude cívica, integridade, frugalidade e servizo desinteresado.
Legado
Modelo de cidadán que antepón o ben común e renuncia ao poder persoal.
Contexto histórico
Uruguai contemporáneo, democracia estable pero con desafíos sociais.
Rol político
Guerrilleiro, logo político democrático: deputado, senador, presidente.
Servizo á patria
Gobernou como presidente con austeridade, doando a maior parte do seu salario e vivindo modestamente na súa chacra, rexeitando luxos e privilexios.
Uso do poder político
Non empregou o poder para enriquecerse nin para cambiar o seu estatus social; mantivo unha vida sinxela e próxima á xente.
Exemplo ético e moral
Referente ético e moral en América Latina pola súa coherencia, humildade e transparencia.
Legado
Inspiración mundial polo seu estilo de vida austero e o seu compromiso coa xustiza social.
CONCLUSIÓN
Cincinato representa o ideal romano dun líder que só toma o poder cando é necesario para salvar á patria, e que renuncia voluntariamente a ese poder para evitar a tiranía ou o abuso. A súa historia ilustra a importancia da humildade, a responsabilidade e o compromiso co ben común por riba dos intereses persoais.
Pepe Mujica encarna en tempos modernos ese mesmo espírito de servizo á patria, pero nun contexto democrático e civil. Aínda que foi guerrilleiro e pasou pola cadea, Mujica integrouse na política formal para traballar polo seu país sen buscar enriquecerse nin ostentar poder. A súa vida sinxela e o seu rexeitamento aos privilexios presidenciais amosan que o poder pode exercerse con humildade e para o beneficio colectivo.
Ambos personaxes son exemplos didácticos de como o verdadeiro liderado político se basea no servizo desinteresado á comunidade e na renuncia á ambición persoal, valores fundamentais para a formación cívica e ética da mocidade.
O Senado foi unha das institucións do goberno da antiga Roma. A formaban 300 antigos maxistrados nomeados polo censor, encargábanse de ratificar as leis votadas polos comicios, aconsellar aos maxistrados e dirixir a política exterior e as finanzas.
O edificio onde o Senado Romano se reunía de forma máis frecuente era a Curia Hostilia de Roma, situada no Foro.
A antiga curia ou Curia Hostilia está situada no antigo Foro romano, na zona do Comitium, espacio donde se reunía a principios da República o pobo romano.
Durante a República romana, e posteriormente o Imperio, a sella curul era o sitial sobre o cal os maxistrados veteráns ou os promaxistrados que posuían imperium tiñan dereito a sentarse, dereito que incluía ao dictator, magister equitum, cónsul, praetor e aedilis curulis. Tamén ao flamen Dialis (sacerdote de Xúpiter) se lle permitía sentarse, a pesar de non posuír imperium.
A sella curul podía ofrecerse a modo de trono como un honor aos reis extranxeiros recoñecidos oficialmente como amigos polo pobo romano ou o Senado
As sesións, convocadas polos consules, praetores e tribuni plebis, abríanse cuns sacrificios relixiosos para consultar aos auspicia. Os asuntos a tratar eran determinados pola presidencia, pero os relixiosos tiñan preferencia.
Cando un maxistrado presidente proponía unha moción, por exemplo, os senadores podían llamar a "consultar" (consule), que significaba que o maxistrado debía preguntar as opinións dos senadores. Calquera senador podía pedir a convocatoria de quorum, que requería un reconto dos senadores presentes, para asegurarse de que había un número mínimo que permitise celebrar a sesión con todas as garantías.
Despois líase un informe chamado relatio (onde se relataba o que se quería, quen o facía…), unha especie de "Orde do Día" actual.
As formas de expoñer as cuestións e presentar as propostas nestas sesións son:
O debate (altercatio)
O presidente pide a opinión dos senadores, que interveñen dende o seu escaño por rigoroso orden de dignidade. O primeiro en falar é o princeps senatus, o senador ca carreira política máis brillante.
O uso da palabra non tiña limitación de tempo; únicamente o griterío da oposición podía impedir, non que un senador falase, pero sí que puidera ser oído.
Tampouco era obrigatorio cinguirse á cuestión plantexada: podían presentarse propostas sobre outros asuntos ca fórmula ceterum censeo (“polo demáis opino…”), por exemplo:
"... Ceterum censeo delendam esse Carthaginem..." (Catón).
Tras o debate pregúntanse as opinións (sententiam rogare).
A votación (discessio)
O voto emítese mediante un cambio de lugar. Os senadores que están de acordo ca proposta de algún outro senador desplazánse ata o seu escaño, "pedibus in sententiam ire" (é dicir, votar desplazándose para alinearse cos demáis coa túa mesma opinión). Procédese, a continuación, ao reconto dos votos; o empate supón o rexeitamento da proposta.
A acta (senatusconsultum; S.C.)
A decisión maioritariamente adoptada redáctase por escrito, tras o que se levanta a sesión.
Política interior
Administración do tesouro e dos bens públicos.
Acuñación da moneda.
Control da orde e da paz interior.
Declaración do Estado de Excepción (senatusconsultum ultimum).
Aprobación de proxectos de lei.
Ratificación das decisións das asambleas (incluíndo os plebiscitos).
Política exterior
Autorización de leis e impostos.
Ratificación dos tratados extranxeiros.
Distribución das provincias.
Diplomacia > "Asuntos exteriores"
Ámbito relixioso
Entre as súas funcións estaba tamén a organización do calendario, que se dividía en:
dies fasti, os días aptos para que o praetor (era un maxistrado romano cuxa xerarquía aliñábase inmediatamente por debaixo da do cónsul) administrara xusticia,
e dies nefasti, aqueles nos que se prohibía celebrar actos xudiciais e que se dedicaban a divindades superiores ou infernais.
Eran un grupo de institucións esenciais no goberno da Antiga Roma e xunto co senado romano, os principáis órganos de representación política do Populus Romanus
As leis propoñíanse a través da promulgatio, a exposición do proxecto de lei no album, unhas táboas de madeira branca colgadas no foro.
As leis votábanse através de dúas taboíñas, unha que levaba escrito VT (uti rogas "como propós”) para aceptar a léi e outra cunha A (antiquo "coma antes”), para rexeitar a lei.
Só se podía ser Candidatus a unhas eleccións se se tiñan os suficientes medios económicos para afrontar o Ambitus, que era a campaña electoral.
Debía vestir unha toga candida, de aí o seu nome, e podía valerse dun nomenclator, unha persoa que lle ía recordando os nomes das persoas coas que se topaba no foro.
Os votos eran depositados na cista, a modo de urna, e previamente celebrábanse contiones, ou sexa, os nosos mítines.
Os votos estaban vedados aos pobres xa que o voto era por centurias ou tribos, non individual, e as clases máis ricas tiñan maior número de centurias. Unha vez que votaban as primeiras clases do censo (as do cidadáns máis ricos) xa se obtiña a maioría suficiente e non se seguía co proceso.
Os políticos eran demagogos e populistas, que a través de falsedades, apelando ás emocións da xente en vez de á razón, controlaban á plebs urbana.
Eran frecuentes tamén as liortas, malleiras e mesmo asasinato de rivais políticos. Non era raro tampouco ver como bandas de matóns a soldo reventaban reunións de políticos rivais.
Ao igual que hoxe en día, cando se aproximaban as eleccións a propaganda política era un dos medios máis efectivos para que os candidatos conseguiran votantes. Coñecidas baixo o nome de programmata, os testemuños de Pompeia permitiron reconstruír o funcionamento das eleccións nunha cidade romana.
No caso de C. Cuspius Pansa, as novas electorais distribuíronse ao longo das principais rutas da cidade. Para este exemplo suxírese una colocación ao longo das vías principais da cidade coa finalidade de estar á vista.
No caso de A. Trebius Valens, as programmata situaronse en torno a súa vivenda e nas rúas de arredor, influindo no círculo de influencia do candidato, coa finalidade de gañar votantes no seu propio distrito.
CIL IV 07863
As mulleres da casa Aselina e sobre todo Zmyrna propoñen a Cayo Lolio Fusco como duunvir encargado das rúas e edificios públicos sagrados.
C(aium) Lollium / Fuscum IIvir(um) v(iis) a(edibus) s(acris) p(ublicis) p(rocurandis) / Asellinas(!) rogant(!) / nec sine Zmyrina.
CIL 4, 9928
Pido que fagades edil a Cneo Helvio Sabino, adecuado para o goberno público
CN HELVIVM SABINVM AED(ilem) D R P O V F Cn(aeum) Helvium / Sabinum aed(ilem)/ d(ignum) r(ei) p(ublicae) o(ro) v(os) f(aciatis) .
Comitia Curiata
O comicio por curias era a máis antiga asamblea romana. Este órgano, nun principio, elexía aos máis altos maxistrados, pero posteriormente só confirmaba e inauguraba as eleccións da asamblea por centurias.
Eran os encargados do nomeamento de sacerdotes, testamentos e adopcións. Reuníanse no comitium.
Comitia Centuriata
A membresía da asamblea requería certo estatus económico e poder, o cal principalmente recaía nos membros da primera e segunda clases.
A asamblea reuníase anualmente para elixir aos cónsules e pretores, e cada cinco anos para elixir aos censores.
Realizaban tratados e declaracións de guerra. Reuníanse no Campo de Marte.
Concilia Plebis Tributa
Era territorial e reuníase convocado polos tribunos da plebe, que a súa vez eran elixidos por esta asamblea. O seu lugar de reunión era o Foro.
Estaban encargados de elixir maxistraturas inferiores, votar os plebiscitos e xuzgaban penas inferiores.