A lenda di que Rómulo elexiu o Palatino de entre os 7 outeiros para fundar a nova cidade. Os arqueólogos atoparon restos dun muro e dunha fosa na base do monte, e de cabanas de pastores no cumio.
Na República os romanos máis ricos e no Imperio os propios emperadores elixiron este sitio para vivir, preto do foro pero lonxe do ruido da xente, máis fresco ó estar elevado, etc.
No Palatino podemos distinguir tres zonas:
a zona da casa de Augusto e Livia,
O pazo de Domiciano
e a Domus Severiana (a construción máis recente)
A casa estaba dividida en dúas partes, unha para uso oficial, máis grande, e outra para uso privado, de pequenas habitacións e decorado con maravillosas pinturas, como na imaxe inferior dereita, na que aparece o deus Apolo.
Ó lado da vivenda fixo construír un templo dedicado a este deus, de quen pensaba que o axudara na batalla de Actium contra Marco Antonio. Neste templo quixo que se gardasen os Libri Sibyllini, custodiados antes no templo de Xúpiter no Capitolio, un dos obxectos máis sagrados para os romanos, feito que contribuía a aumentar o poder do emperador.
Aquí pódense visitar as habitacións privadas de Livia, muller do emperador Augusto. Estas estancias forman parte dun complexo máis grande que incluía tamén as do seu marido. Aínda se conservan as fermosas decoracións de muros e pavimentos. Algúns dos frescos que decoraban as paredes están no museo palatino (ver imaxe inferior dereita)
Podemos dividir o inmenso pazo de Domiciano en 3 partes:
o stadium (dereita),
a domus augustana (centro), co seu gran peristylum,
a domus Flavia (esquerda) , coa súa fonte octogonal.
A sobriedade de Augusto foi pronto abandonada e empezou a construcción de palacios cada vez máis suntuosos. Os emperadores Flavios (Vespasiano, Tito e Domiciano s.I d.C.) quixeron reconciliar ó pobo co poder imperial e así mandaron construir edificios públicos como o Coliseo e os baños de Tito no lugar antes ocupado pola domus aurea, o palacio de Nerón, emperador anterior. Así, a residencia imperial trasladouse ó Palatino. A Domus Flavia é só unha parte do enorme palacio de Domiciano.
Esta era a parte privada da residencia imperial. Tiña dous ou tres pisos cunhas espléndidas vistas ó Circo Máximo. A casa estaba construída ó redor dun gran patrio central, cun pequeno estanque e un templo no centro, onde se chegaba cruzando unha pequena ponte.
Dentro da Domus Augustana atopamos o Stadium, un longo e estreito circus para carreiras de carros. Ó redor había pórticos en diferentes niveis, a tribuna para o emperador e outras dependencias. O valado oval que podes ver nun lado da arena foi construido polo rei gótico Teodorico no s. VI d.C., quizais para un espectáculo de loita.
O emperador Septimius Severus (193-211 d.C.) levou de novo a Roma a un periodo de esplendor. Restaurou a residencia imperial do Palatino pero quixo construir unhas novas dependencias.
Como non había espacio tivo que facer unha gran esplanada artificial que ocupou esta parte do Palatino.