Post date: Nov 30, 2015 11:00:48 PM
Girona, antes chamada Gerunda é unha cidade milenaria. Como tal, nela hai restos agochados de tempos dos romanos.Nunhas obras de saneamento practicadas na subida de Sant Fèlix topáronse de novo máis restos da cidade romana.Din as arqueólogas que traballan na excavación e documentación dos restos que poden datar entre o 50 a.C e o 150 d.C.No lugar localizaronse uns silos de almacenaxe de gran, que unha vez perdido seu uso inicial foron convertidos en vertedoiros.Estase practicando unha excavación en superficie, que permitirá obter máis datos e para ofrecer unha visión máis amplia das estratigrafías e os contidos dos silos.
Fonte e imaxes: La Bitácora de Jenri