Post date: May 29, 2017 3:18:32 PM
As escavacións arqueolóxicas no antigo Palacio de Calatayud, na rúa Micalet, afloraron o muro máis grande atopado na cidade, un muro de pedra de gran altura co seu revestimento orixinal de placas de mármore pertencente a un dos grandes edificios do entorno monumental do foro romano. Ademáis, descubrírono xunto con outros elementos islámicos de gran valor histórico para a cidade. Cabe destacar que a rúa Micalet e o entorno da Catedral é a zona de maior interese arquelóxico da cidade, tal e como se pode comprobar no Centro Arqueolóxico de Almoina, onde se exhiben as ruínas da cidade fundacional, entre elas unha columnata do foro, as rúas principais (cardo e decumano), as termas e outros edificios da época romana, islámica e visigoda. Outro dos descubrimentos foi un fragmento de inscrición con letras romanas, que forma parte do cimento dun muro de época Califal do século X, que podería pertencer, según os expertos, a unha lápida honorífica que fai referencia ós "veterani et veteres". Estos foron os dous grupos de poboación que gobernaron a curia, o concello da Valentia romana. Os "veteres" eran os descendentes dos primeiros poboadores que chegaron á cidade no s.II a.C., mentres que os "veterani" eran os soldados licenciados chegados a Valencia na época de Augusto, finais do s. I a.C. A Consellería de Facenda asegura que o muro recuperado é o de maior tamaño localizado ao longo da historia. Estos descubrimentos súmanse ó tesouriño de moedas medievais recuperado fai uns meses. A consellería proxecta recuperar e integrar as ruinas localizadas na restauración do edificio e convertilo nun museo aberto a toda a cidadanía.
Os últimos traballos arqueolóxicos estan aportándonos datos interesantes para a historia urbana do entorno da Catedral e a praza da Virxe. Ademáis, este muro foi empregado ó longo da historia, convervando ata agora unha altura superior ós 2'25 m de altura, e sobre él, mantéñense reformas de épocas posteriores que mostran cómo distintas culturas e civilizacións viviron no mesmo espazo.
Fonte e imaxe | Levante-EMV