A UPO comezou a sexta campaña de escavacións en Roma

Post date: 14-abr-2018 10:12:32

O Seminario de Arqueoloxía da Universidade Pablo de Olavide (UPO) de Sevilla iniciou o pasado luns, 9 de abril, unha nova campaña de escavación arqueolóxica en Vila Adriana, na cidade italiana de Roma, que se prolongará ata o 26 de abril na sexta campaña de escavacións no Palazzo, o primeiro palacio construído polo emperador Adriano na Vila romana.O equipo responsable dos traballos da campaña de 2018 está integrado por persoal de investigación do Seminario de Arqueoloxía e por estudantes de Grado, Máster e Doutoramento da Facultade de Humanidades da Universidade Pablo de Olavide. Así coma especializados doutras universidades.

O Palazzo de Vila Adriana constitúe un complexo de gran interese para o coñecemento deste enclave arqueolóxico. Trátase da primeira zona residencial coa que contou o emperador na Vila, que se mantivo en uso durante toda a vida do conxunto, e na que se asenta a chamada Vila Republicana, un edificio preexistente que foi en parte respectado polo emperador e englobado na nova edificación.

En concreto, a escavación arqueolóxica centraráse en axustar a definición arquitectónica de dous dos grandes patios porticados cos que contaba o conxunto. Este proxecto é o único no que un equipo español traballa en Vila Adriana, un dos máis importantes xacementos existentes en Roma, declarado Patrimonio da Humanidade.

Fonte | La Vanguardia    

Imaxe | La túnica de Neso