Post date: Jan 11, 2018 5:08:34 PM
Durante unha escavación no cemiterio da antiga cidade de Alexandría acháronse numerosos restos e obxectos da época grecorromana. Entre eles, atopábanse unha colección de vasos, lámpadas decoradas con esceas de deidades e, o máis importante, unha lápida que foi empregada antigamente para selar un dos pozos funerarios.
A lápida ten uns debuxos e unhas inscricións feitas con cal e area, que representan a fachada dun antigo templo de estilo exipcio. O director das excavacións explica que é unha evolución da idea das portas imaxinarias, moi difundida durante o Antigo Exipto, co obxectivo de confundir aos ladróns de tumbas e alonxalos da verdadeira porta das tumbas.
Fonte | National Geographic