Altar de pedra para sacrificios con sangue, ofrendas ou libacións con viño. As votivas estaban dedicadas a unha divindade.
ARAS VOTIVAS
Os romanos prometíanlle aos seus deuses levantarlles aras - altares- se estes cumprían as súas peticións. De aí a presenza habitual das fórmulas EX VOTO "por un voto, unha promesa", ou V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito), "cumpriu o seu voto de libre vontade".
As aras adoitan presentar orificios na parte superior para facerlles ofrendas á divindade: perfumes ou alimentos para queimar, líquidos para verter, etc.
Temos dedicacións aos deuses protectores dos viaxeiros: Neptuno, deus do mar, que ampararía aos navegantes, e os Lares Viales, os deuses dos camiños, que protexerían aos viaxeiros nas rutas terrestres. A deusa Fortuna, que aparece mencionada en dúas ocasións, invócase para ter "boa fortuna" en calquera empresa, mentres que a dedicación a I.O.M. (Xúpiter Óptimo Máximo) reflicte o culto ao deus supremo dos romanos, manifestación de obediencia ao poder imperial.
Ara aos Lares Viales
LAR(ibus) [VIALIBVS] QV/INTVS/ [...]
Aos Lares (dos camiños). Quinto ...
Procedencia: Igrexa de S. Román, As Encrobas, Cerceda, A Coruña
Ara a Fortuna
FORT/ VNAE/
IVLIVS
PLATO
EX VO(to)
A Fortuna. Xulio Plato (cumpriu) o seu voto.
Monumento de pedra de caracter funerario, que nos da información sobre o defunto (profesión, idade, familia, etc.)
APANA . AMBO
LLI . F(ilia). CELTICA
SVPERTAM(ARICA)
[ ) ] . MIOBRI
AN(Norum) . XXV . H(ic).
S(ita) . E(st)
APANVS . FR(ater).
F(aciendum) . C(uravit)
------------------------- --
Apana, filla de Ambolo, da tribo Celtica Supertamarica, de 25 anos.
Aquí está sepultada.
Apano, o seu irmán, encargouse de que así se fixese.
VICTORI/
NVS/
IN PACE/
ANNORV/
M CXX
--------------
VICTORINO
EN PAZ
120 ANOS
D(is) M(anibus)/ G(aio)
ARRUNTIO SERE/NO
AN(norum) LX FLACCINI/A
SEVERA MARITO/
PIENTISSIMO
------------------------------------
Consagrado aos deuses Manes.
Dedicado a Gaio Arruntio Sereno, de 60 anos.
Flaccinia Severa ao seu marito piadosísimo.
D(is) M(anibus)
S(acrum) /
PRIMIANO /
VITALES AN/ LXXV/
TETVLV/ [...]
------------------------------
Consagrado aos deuses Manes.
A Primiano, 75 anos,
Sabinus
an(norum) XX
Secundio
an(norum) XXII
Lentinus
an(norum) XX
M(arci) Audasi
Max(imi centurionis) leg(ionis)
X gem(inae) ser(vi)
h(ic) si(iti) s(unt)
-----------------------------
Sabino de 20 anos, Secundo, de 22 anos, Lentino, de 20 anos, escravos de Marco Audaso Maximo, centurión da X lexión Gemina, están aquí sepultados.