Post date: Nov 29, 2016 3:40:08 PM
Un mosaico do século IV d.C. que representa unha carreira de cabalos, foi atopado en Chipre. Abondan últimamente os achádegos arqueolóxicos nesta illa, pois en xullo atopouse un mosaico con debuxos dos traballos de Hércules, e en agosto, unha tumba da Idade de Bronce.Polo que se cre, este mosaico pertencía a unha luxosa villa romana. O mosaico mide once metros de longo e catro de ancho, e nel represéntase aos catro aurigas conducindo cada un a súa cuadriga ao redor da spina. Nun dos extremos da spina atópase a meta. O mosaico posee cada detalle do hipódromo, por esto tamén se poden apreciar os delfíns sobre as columnas da spina. Segundo informa o comunicado, cada unha das cuadrigas van acompañadas dunha inscrición que podería indicar o nome do cabalo. Os arqueólogos tamén atoparon un panel que inclúe nove medallas cos bustos de figuras femininas simbolizando as nove musas.Imaxe e fonte | National Geographic