Post date: Feb 25, 2016 3:04:00 PM
Moitos fragmentos de cerámica romana dun antigo forno romano permanecen desperdigados nunha Praia de Ribadeo, a de Esteiro. Este xacemento xa foi catalogado e inventariado pola Xunta, e dende fai varios meses Patrimonio está pendente de executar unha intervención. O xacemento está completamente abandonado, e nestes días, co temporal, a cerámica estase destrozando aínda máis. Ante esta situación os únicos que intenta buscar unha solución é a asociación Mariña Patrimonio, que conclúe que «A Xunta está buscando unha solución para intervir, pero mentres tanto, o xacemento desfaise».
Fonte:La Voz de Galicia