Post date: 09-oct-2016 12:51:18
As columnas da basílica de Pompeia corren risco de sufrir danos pola culpa do comportamento inadecuado de seis turistas húngaros que se subiron a elas durante unha hora na que estiveron imitando as posicións das estatuas de Igor Mitoraj.Despois de facer tal barbaridade con este monumento do patrimonio da UNESCO, estes turistas subiron unhas fotos ás redes sociais que pronto se fixeron virais. Estas accións foron criticadas polo superintendente Massimo Osanna, que acusou aos turistas de falta de cultura e de sensibilidade, e de descoñecemento do valor e do significado do patrimonio cultural común. Por último dixo que tomarían medidas drásticas contra estes individuos.
Fonte e imaxe | Ilmattino