Post date: 16-nov-2015 18:02:23
O deterioro rexistrado na capital italiana levou a que un alto dirixente do ministerio de Bens Culturais propuxera poñer unha gran valla metálica para evitar o vandalismo e protexer o Panteón, o máis grandioso edificio da Roma Antiga e o máis simbólico, xunto ao Coliseo. A proposta ten tamén en conta a posibilidade dun atentado, xa que o monumento está entre os máximos símbolos da cristiandade occidental, polo que está totalmente exposto a riscos de atentados terroristas que se poden efectuar facilmente depositando artefactos explosivos.
Contra esta iniciativa, hai xente que opina que o Panteón debe permanecer vivo, sen valla, porque é un monumento único, ao igual que o é Roma, xa que non existe no mundo unha capital con 2500 anos de historia.
A idea dará que falar. Propúxose xa fai dous anos e mesmo aprobouse, realizando unha estrutura metálica, pero en 2002 rexeitouse. Cabe recordar que ata finais do século XIX os monumentos da cidade, incluso as fontes, estaban cercados cunha estrutura metálica para impedir vandalismos nocturnos. Os vandalismos, a barbarie e o terrorismo alentarán a que moitos pidan por seguridade de volta as verxas.
Sería unha pena que o Panteón, símbolo inmenso do patrimonio italiano tivera que ser vallado, ante a falta de valores civís para mantelo vivo, sen cercas, en contacto directo con millóns de persoas.
Información e imaxe| ABC