Post date: 02-oct-2014 18:15:11
Unha parella de turistas estadounidenses rouban un trozo de cornisa de 30 quilos como souvenir, nas excavacións en Pompeia. Cun coche que alquilaron en Nápoles, viaxaron por Italia, co seu maxestuoso souvenir, pero foron descubertos por un traballador, quen encontrou o tesouro agochado baixo un asento. Despois de dúas horas esperando, lograron partir no avión, pero sen o mármore, xa que a policía considerouno de moito valor e moita importancia. Este matrimonio foi denunciado pola adquisición dun ben do Estado.