Post date: Feb 23, 2017 11:55:54 PM
O avance das obras na autovía do Douro, no seu paso polo municipio de Blancos, deixa ao descuberto tramos de calzada romana. Esta vía unía as cidades de Numancia e Uxama. Dende a Delegación Territorial afirman que non suporá unha pausa nas obras, aínda que o Ministerio non descarta outras medidas.
Este tramo de vía romana ten mais de 2.000 anos e 30 metros que foron sepultados co paso do tempo. Asegúrase que as obras continuarán o seu ritmo pero tamén que un grupo de arqueólogos encargarase de datar e documentar este feito.
Os resultados do estudo que se realizará son os que dirán se se pararán ou se modificarán as obras da A-11.
Fonte e vídeo| Radio Televisión de Castilla y León