Post date: 28-ene-2017 22:42:56
A operación policial coñecida como "operación Pandora" recuperou 3.561 obras de arte en 18 países europeos, sendo os dous países con maior cantidade de obras recuperadas Chipre e España. Tras investigar a 48.587 persoas e inspeccionar 29.340 vehículos detivéronse a 75 persoas.
En España destacou o traballo da Policía Nacional e a Garda Civil que incautaron máis de 400 moedas mediante a intervención en anuncios de Internet sospeitosos. En Grecia destacaron as incautacións dunha lápida de mármore otomano e unhas imaxes de santos posbizantinas que datan do século XVIII. A Europol, Interpol e Organización Mundial de Aduanas colaboraron e seguirán facéndoo nesta operación contra a expoliación, roubo e comercio de bens culturais.
Fonte e imaxe| El País