Post date: Nov 14, 2017 7:40:00 PM
O arqueólogo Tomás Hurtado realiza un estudo das moedas encontradas nunha das obras dun tramo do AVE en La Encina (Alicante). Vincula o achado do diñeiro nun tramo da Vía Augusta cun ritual relixioso previo a construción.Catro das moedas foron acuñadas en Roma, ‘Iltirkesken’, ‘Ercavica’ (Cañaveruelas, en Cuenca; é a moeda máis moderna) e a colonia ‘Lepida’ (cerca de Zaragoza), mentras que as outras tres apareceron na zona sur da escavación e corresponden a finais do século I, cando se fixo unha reforma na calzada da Vía Augusta.O numismático detalla que estas últimas son imperiais: dúas son ases de Claudio I de acuñación hispánica e a terceira procede da época de Augusto. Consérvanse no Museo de Prehistoria.Fonte e imaxe: I. Domingo | Las provincias