A serie "Xogo de tronos" rodarase en Itálica

Post date: Oct 10, 2016 2:33:45 PM

A finais de novembro realizarase no anfiteatro de Itálica situado no concello de "Santiponce" (Sevilla), unha representación dunha escena da famosa serie actual "Xogo de tronos". 

Os traballadores do recinto xa se puxeron en marcha para deixalo todo no seu punto ante tal acontecemento que vai a acoller o pobo, xa que certas fontes da produtora falaron de modificar parte da ambientación das ruinas e tamén, quitar as reixas e o resto de material moderno do lugar.

A idea é filmar durante algo mais de dúas semanas en espazos interiores e exteriores co obxectivo de que as imaxes estén listas para editar antes do nadal.

Agora mesmo todo o mundo se pregunta polas redes sociais que escena se filmará no anfiteatro aínda que, o que está claro a estas alturas, é que acollerá unha gran escena de acción.

Fonte e imaxe I El correo de Andalucía