O ninfeo de Valeria, o máis grande do mundo romano, afronta unha nova recreación

Post date: 19-may-2018 12:02:13

Neste mes de maio comezarán as obras de recreación do ninfeo da antiga cidade romana de Valeria, en Cuenca. Trátase da fonte monumental máis grande e máis antiga das documentadas no antigo Imperio Romano Occidental, datada do século I d.C. Conta cunha lonxitude de 86 metros. Aínda que na actualidade carece da ornamentación e decoración que debeu darlle esplendor hai 2.000 anos, é fácil imaxinar como sería este espacio urbano con catorce canos de auga.As obras, que estarán a cargo da empresa de arqueoloxía Carpetania Integra, consistirán en "destacar, preservar e poñer en valor parte dos restos"; tal e como explicou o arqueólogo desta empresa, Chema López. Tamén afirmou que as obras se prolongarían por un período de entre tres e cinco meses.Ademais, tamén se fará a rehabilitación da ermita de Santa Catalina de Valeria. Ambos os dous proxectos están promovidos pola EATIM de Valeria e teñen o apoio económico da Deputación Provincial.

Fonte e imaxe | Cadena SER