Aparece un pedestal do ano 31 en honor a Tiberio

Post date: May 30, 2015 12:43:44 PM

As excavacións continúan no xacemento romano de 'Los Bañales', en Uncastillo. Sacouse á luz un pedestal do ano 31 en homenaxe ao emperador romano Tiberio. Mide un metro de alto e recolle un texto de dez liñas no que se conta que un oficial de cabalería dunha unidade auxiliar do exército romano decidiu honrar ao emperador Tiberio. É un dos textos máis antigos que apareceron en Aragón. A peza está enteira e en perfectas condicións a pesar do paso dos anos.  En Hispania so se encontraron uns quince pedestais parecidos ao que acaba de aparecer en Uncastillo, sendo este o que se conserva en tan bo estado. A peza retirouse ata o próximo 26 de xullo, día no que haberá xornada de portas abertas na que o pedestal volverá á cidade romana de ' Los Bañales'.

Neste vídeo se nos ofrece toda a información relativa a este achádego.