Uns extraordinarios mosaicos romanos afloran no sur de Francia

Post date: 31-mar-2017 16:49:53

Uns extraordinarios mosaicos romanos pertencentes a dous edificios, saíron á luz durante unhas escavacións arqueolóxicas previas á construción de dúas escolas primarias. Os restos arqueolóxicos revelan o rico pasado da antigua Ucetia, desde finais da República Romana ata o século VII d.C. Os dous grandes mosaicos están decorados con motivos xeométricos, dende ondas mariñas ata esvásticas, que enmarcan dous medallóns centrais provistos de raios. Catro animais policromados rodean un dous medallóns: un moucho, un pato, unha águia e un cervo.

Este edificio permaneceu en uso ata finais do século I d.C. Tamén se escavou noutros edificos, entre eles un gran edificio de 500 m², probablemente unha domus. A presencia de varias cubas indica unha antiga produción de viño. As súas fermosas instancias inclúen unha habitación con pavimentos de mosaico, con golfiños nas catro esquinas e un hipocaustum.

Fonte e imaxe I National Geographic