Achan en Écija un edificio romano «colosal» de fai dous mil anos

Post date: Feb 11, 2015 5:48:51 PM

Os descubrimentos efectuados ata o momento no parque arqueolóxico da Praza de Armas de Écija, parecen ser só un preludio do que está por vir. Diso dá testemuño o último descubrimento levado a cabo na excavación: os restos dun edificio romano «espectacular», con muros de case 2,5 metros de alto, e un «extraordinario» estado de conservación, o cal empeza asomar na franxa noroeste do espazo arqueológico.

«A excavación supera cada día as nosas expectativas», afirma o arqueólogo municipal, Sergio García-Dils, quen explica que a estrutura achada parece pertencer a un edificio público duns 2.000 anos de antigüidade. O experto di que é posible que se trate dunha sede colexial ou un edificio asembleario, relacionado ca industria oleícola.

Este descubrimento, xunto á longa lista de vestixios atopados desde que comezase a excavación do Altozano de Écija en 1999 e o bo estado de conservación de todos eles, colocan ao xacimento arqueolóxico a un nivel «só visto en Pompeia e Herculano», destaca o arqueólogo. A única diferencia é que Pompeia era un pobo pequeno con poucos recursos económicos, e Écija foi a cabeza do convento xurídico astigitano, con gran poder adquisitivo.

García-Dils explica que todos os vestixios que afloren na excavación serán investigados e musealizado, pois, tal e como recorda, esta zona será o futuro Parque Arqueolóxico da Praza de Armas de Écija, un espazo aberto ao público grazas ao cal será posible coñecer in situ a esplendorosa historia de Écija desde as súas orixes.

Fonte| ABC