Post date: 01-may-2015 10:36:03
Os restos arqueolóxicos atopados na praza do Conde Luque durante as obras de remodelación da mesma apuntan á existencia dun edificio público de importancia na antiga cidade de Acci. O alcalde de Guadix, José Antonio González, anunciou este martes que podería tratarse das termas e o arqueólogo da obra, Juan Antonio Salvador Oyonate, non descarta a posibilidade.
Según Salvador Oyonate, de momento só se descubriron dúas paredes "esquineiras" que poderían cerrar unha habitación. O arqueólogo insiste en que o excavado ata o momento "é moi limitado". Non obstante, a excavación descubriu nuevas losas de mármol e parte dos muros tamén están recubertos de este material. A pesar da prudencia científica, hai indicios que apuntan á posibilidade de que o descuberto podería tratarse das termas. O feito de que se conservaran mármores na escavación podería vir dado pola reutilización de este edificio público na época árabe da cidade. Outro dos indicios que sinala a esta posibilidade é o feito de que se sospeita que nas cercanías da construción pasaba unha condución de auga, posiblemente un acueduto.
Fonte: Ideal.es