Esta maravilla da enxeñería romana foi edificada polo emperador Hadriano (118-125 d.C) para reemplazar un templo anterior construído por Marco Agrippa, xenro e man dereita do emperador Augusto (aínda pode verse o seu nome na inscrición no friso frontal). Na Idade Media, o Panteón, templo romano de tódolos deuses, convertiuse en igrexa. As tumbas que se aliñan no seu muro inclúen dende a do pintor Rafael ata as dos reis da Italia moderna.
O pórtico rectangular construido sobre os cimentos do tempo de Agrippa oculta esta vasta cúpula hemisférica, de fermosas e grandes proporcións que só poden apreciarse dende o interior. A altura e a anchura da cúpula son idénticas, 43,3 metros. O orificio superior, oculus, proporciona a única iluminación. A cúpula fíxose volcando cemento misturado con pedra porosa nun molde provisional de madeira. As paredes do tambor sobre o que se apoia teñen 6 metros de espesor. O artesonado serviu para reducir o seu peso.
Despois de que Pompeio mandara construir no ano 55 a.C. o primeiro teatro permanente de pedra, viñeron o teatro de Balbo e o de Marcelo, na fotografía. Construido por orde de Augusto, leva o nome do seu sobriño, a quen pretendía nomear herdeiro, pero que morreu antes de cumprir os vinte anos. Situado no centro de Roma, obsérvese como na actualidade o último piso está ocupado por vivendas particulares. En primeiro plano aparecen as tres columnas do Templo de Apolo, dedicado no ano 431 a.C. a divindade grega Apolo Médico.
O Mausoleo de Augusto é a tumba monumental que este emperador mandou construír á súa morte. Hoxe está no centro de Roma en bastante malas condicións de conservación.
A Ara pacis é un monumento conmemorativo construído entre o 13 e o 9 a.C. por decisión do Senado Romano, en acción de grazas polo regreso do emperador Augusto tralas súas vitoriosas campañas en Hispania e na Galia e pola paz que este impuxo. Está dedicado a deusa da Paz e erguido, no Campo de Marte, onde cada ano debíanse sacrificar un carneiro e dous bois. O material utilizado é mármore de Carrara. O máis destacado é a decoración escultórica que recobre o edificio. Flanqueando as portas catro alegorías relacionadas coa mítica fundación de Roma. A procesión dos frisos laterais representa a Augusto, a súa familia, amigos, maxistrados e senadores, compoñendo un magnífico conxunto de retratos.
A Piazza Navona está no lugar do antigo Circo Agonalis (estadio onde os romanos iban a ver os xogos) de Domiciano. Este antigo estadio tiña unha capacidade para unhas 30.000 persoas, e hoxe a praza aínda conserva a forma ovalada respetando as dimensións orixinais: 270 metros de largo e 55 de ancho. No século XV, transladouse á Piazza Navona o mercado central, antes celebrado no Campidoglio, que se mantivo alí ata o ano 1869.
Despois de 1652, no mes de agosto inundábase a praza con auga en honor á familia Pamphili. Ata o século XIX, celebráronse diferentes espectáculos e eventos, como representacións teatrais ou carreiras de cabalos. Este espazo pertence á etapa do barroco romano. Conta con tres fontes. Dúas son de Giacomo Della Porta, situadas nos extremos da praza: Fontana del Nettuno (na zona norte) e Fontana del Moro (na zona sur). A outra é a Fontana dei Quattro fiumi (fonte dos catro ríos) de Bernini de 1651, que representa os catro ríos coñecidos ata entón.
O relevo dun dos laterais do altar mostra unha procesión de sacerdotes ( flamines), co seu característico tocado en punta, e membros da familia imperial