"A voz dos deuses" en Mérida

Post date: Mar 1, 2016 9:36:39 PM

La Voz de los Dioses

O Museo Nacional de Arte Romana de Mérida acollerá o próximo 1 de marzo o espectáculo "A voz dos deuses", un percorrido pola mitoloxía clásica que está detrás de algunhas das pezas que acolle este museo.Un grupo de actores, cantantes e músicos levarán aos visitantes polas salas do museo explicando e dramatizando as historias que rodean ás obras, tanto gregas como latinas. Esta é a primeira vez que se realiza o espectáculo, e o obxectivo é que os espectadores vivan unha experiencia única, que sintan de forma distinta cada peza.O grupo que leva a actividade é "A Voz Cantante", que ten pensado repetila se ten éxito.Información e fotografía | Portal Clásico