Post date: 19-may-2018 7:49:20
Arqueólogos en Exipto descubriron os restos dun templo que data do século II, informou o Ministerio de Antigüidades.
O templo, que data do reinado do emperador romano Antonino Pío, foi atopado cerca do oasis de Siwa, no deserto occidental. Inclúe os cimentos dun gran edificio de pedra caliza.
Abdel-Aziz al-Dimeiry, xefe da misión arqueolóxica, dixo que encontraron unha pintura de pedra caliza de cinco metros de largo, con inscricións gregas e decorada cun disco solar rodeado de cobras.
Agregou que a pintura, que se cree que é parte da entrada do templo, se atopa en boas condicións e vai ser sometida a restauración.
Fonte | 20minutos
Imaxe | La túnica de Neso