Antiga cidade grega sumerxida son realmente formacións xeolóxicas naturais

Post date: Jun 20, 2016 11:12:48 PM

Portada - Los estudios llevados a cabo por geólogos y arqueólogos han revelado que las estructuras submarinas halladas en las cercanías de la isla griega de Zacinto son formaciones geológicas producto de la naturaleza. (Fotografía: La Gran Época/Universidad de Atenas)

Determinadas estruturas atopadas no fondo mariño da costa grega parecen proceder de transformacións xeolóxicas e non de unha antiga cidade sumerxida, segundo revela un recente estudo levado a cabo por arqueólogos e xeólogos. 

Estas estruturas foron descubertas no ano 2013 por buceadores preto da baía de Alikanas.

O que a primeira vista semellaban restos dunha civilización esquecida, que se supuxo desapareceu sumerxida no fondo do mar, debido a un maremoto nas costas da illa grega de Zacinto ou Zante , en realidad serían estruturas xeolóxicas formadas por procesos físicos que terían lugar no Plioceno, cuns cinco millóns de anos de antigüidade, segundo comunicou a Universidade de East Anglia (UEA), Inglaterra.

Fonte e imaxes: Ancient Origins