Post date: Jun 4, 2017 10:09:18 PM
A vila romana de Bruñel atópase no municipio andaluz de Quesada. É unha mostra da vida das elites terratenentes romanas e dos seus grandes luxos, que se aprecian especialmente nos mosaicos achados no lugar.
A vila atópase xunto a unha necrópole de época ibérica e ambas foron declaradas Ben de Interés Cultural. Por desgraza, estar catalogada como BIC non foi suficiente para recibir con anterioridade un apoio económico que evitaría a súa deterioración. Nun lugar con tanto patrimonio cultural como é a que no pasado se chamara a Bética, é complicado dedicar moito presuposto á protección e conservación de tantos monumentos.
A concesión aínda non está firmada, pero pronto a Xunta de Andalucía aportará 329.000 euros á consolidación dos restos da vila de Bruñel e á súa posta en valor para que nun futuro sexa accesible ao público.
Fonte | EcoDiario.es
Imaxe | Andalucia.org