Restos romanos en Palencia

Post date: May 5, 2017 2:57:00 PM

Trabajos en el solar de Juan de Castilla.

As obras levadas a cabo na cidade de Palencia  iniciáronse nun solar na esquina da rúa Juan de Castilla con Menéndez Pelayo comenzaron coa aparición de restos da época romana. A zona na que se atopa esta finca coincide coa ocupación urbana dos romanos, na coñecida Pallantia. Na rúa Gil de Fuentes, xunto ao Museo Arqueolóxico, xa apareceran restos romanos de gran interese turístico.

Os traballos foron supervisados por unha arqueóloga e as obras iniciadas dende o luns mostran restos dos muros conservados dos séculos II e III, ademais de fragmentos de cerámica. O obxectivo do equipo de arqueoloxía é documentar os restos do novo xacemento e depositalo no Museo de Palencia, como é normal en calquer traballo que teña lugar na zona.

Deste mesmo xeito, localizouse un pozo cuberto con pedras, pertencente a unha época posterior, concretamente á construción do edificio que foi derrubado recentemente. Recentemente foi atopado un pozo de auga limpa e nos próximos meses é de esperar que se atope un que recollera a auga sucia.

Fonte e Imaxe I ElNortedeCastilla