Post date: Mar 31, 2017 3:41:15 PM
A crise da República romana foi unha das épocas máis interesantes da humanidade. Isto é debido ao carisma dos seus personaxes, á importancia histórica e á calidade literararia das numerosas fontes que perduraron ao longo dos séculos. Caio Xulio César, xeneral e político romano, foi protagonista dun gran desafío ao erixirse coma ditador perpetuo.A última adaptación da vida de Xulio César xa está en marcha, e nesta ocasión trátase dunha ambiciosa serie televisiva que, en varias temporadas, contará coma Xulio César pasou de ser un patricio perseguido por Sila a converterse no amo de Roma. Este futuro fenómeno televisivo, que vai camiño de acadar números de audiencia elevados, basarase na saga de novelas do escritor Conn Iggulden, respectando ao máximo os datos históricos.A nova serie da produtora Liongsgate terá o nome de "Emperor", un título polémico debido a que aínda que popularmente se identifique a Xulio César coma un emperador da Urbs, este nunca asumiu o cargo que lle permita defender a definición. Sen embargo o máis probable é que o título proveña de imperator, un título militar que se daba aos maxistrados cum imperio, que podían mandar as lexións ao exterior do Imperio. Se este detalle xerará polémica e afastará aos espectadores máis esixentes da serie só se saberá co paso do tempo.Fonte e Imaxe I PortalClásico