Post date: Feb 17, 2018 8:07:42 PM
No distrito de Amasra, pertencente a Turquía, atoparon a praia, ao longo da costa, chea de restos arquitectónicos. Os veciños do lugar chamaron ao director do Museo de Amasra, que opinou que os restos tiñan un gran valor histórico e que contiñan deseños con figuras da gran época romana. Tras estudalos, descubriron que pertencen ao ano 90 a.C.
Especúlase que os restos puideron ser atopados por algunha empresa de construción e que decidiron tirar os restos ao mar xunto con máis escombros. Unha gran tormenta que se produciu fai pouco no mar sería a causa de que estos restos chegasen ás costas.
Fonte | Portal Ancestral