Post date: 01-nov-2015 12:44:15
Na localidade umbra de Città della Pieve, un agricultor (por completa casualidade) descubriu unha tumba etrusca do século III a.C. mentres estaba a traballar a terra. Notou que o terreo cedía ao peso do seu arado, e decidiu informar as autoridades.
Para a súa sorpresa, acababan de atopar a devandita tumba, así que avisaron aos arqueólogos profesionais.
Na tumba atoparon dous grandes sarcófagos de pedra con decoració escultórica. Un deles tiña inscripcións en lingua etrusca. Ambos tiñan representadas dúas figuras reclinadas como si estiveran nun leito, cun prato vacío nas mans.Mentres, os cidadáns da localidade, ven o recente descubrimento como un gran atractivo turístico, polo que moitos se presentaron voluntarios para axudar ao equipo de arqueólogos con esta labor.
Imaxe e información | Umbria24